Agárdase que cumpra coa tradición popular de herdar os cargos institucionais do seu proxenitor. O fillo de Alberto Núñez Feijoo naceu onte nunha clínica privada da Coruña a pesar de que o presidente da Xunta dixera en campaña que “el mejor sitio para parir era un hospital público”. “Nosotros no hacemos distinción entre público y…
Categoría: Sociedade
Avecrem lanza unha liña especial para gintonics
Conterá todas as merdas que os hipsters lle botan á xenebra. A empresa Gallina Blanca acaba de anunciar que lanzará unha nova gama de Avecrem destinada a amantes da xenebra. Segundo anunciaron nun comunicado consistirá nunha pastilla similar á que se lle bota á sopa pero destinada aos gintonics. A pastilla levará xenebreiro, herba limón,…
A Coruña pasará a chamarse Vigo de Arriba para que non se lien en Madrid
As continuas confusións de medios de comunicación estatais na localización das cidades galegas leva a tomar a decisión de emerxencia de bautizar a cidade da Coruña como “Vigo de Arriba”. O cambio de nome farase mediante un decreto da Xunta de Galicia nos próximos días e xa está a xerar protestas nas redes sociais a pesar…
Netflix roda a terceira tempada de Narcos no domingo fareleiro
Netflix aproveita a celebración do domingo fareleiro para rodar escenas da nova tempada de Narcos. Segundo puido saber o noso medio a nova tempada arrincará coa conexión do cartel de Cali cos narcotraficantes galegos e fará moito máis fincapé na trama da entrada de droga en Europa despois de que a NSA dificultara a entrada de…
Un gandeiro está a criar 300 veganos en extensivo no Xurés
Está agardando o selo do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. A Antonio D.S., un gandeiro da comarca do Xurés, ocorréuselle a idea despois de ver “as porcarías que comen os veganos. A soia e o tofu son como a forraxe esa das vacas que non saen da corte” e por iso comezou a…
Durex lanzará un xel de pracer con sabor a churrasco
“Vas querer saber a porco”, é un dos eslogans que se baralla para a campaña da coñecida marca. A multinacional de produtos sexuais Durex está a valorar comezar unha campaña para lanzar ao mercado novos sabores dos seus coñecidos e exitosos xeles de pracer. Segundo puido coñecer este medio, o departamento de I+D da multinacional baralla…
Abren un buffet libre vegano nun prado da Fonsagrada
O prado ten capacidade para máis de 1000 comensais e por un prezo de 6 euros poderán comer toda a herba que queiran. Josito era gandeiro. Os prezo do leite non permitía vivir e decidiu cambiar o modelo de negocio. “O do leite non daba para nada así que díxemen: Josito, teste que facer emprendedor”,…
Avistan un OVNI coa forma dun pote da queimada
Un grupo dunhas corenta persoas da costa da morte afirman ter avistado un obxecto voante non identificado (OVNI) o pasado sábado pola noite. O avistamento tivo lugar despois dunha festa na parroquia de Camelle no Concello de Camariñas e foi despois dunha celebración onde os veciños do lugar tomaran queimada. “Dixeron o conxuro e apareceu o OVNI”,…
O iogur de licor café de Larsa superou á pornografía como o máis buscado en Google
A pornografía está en momentos baixos. Por segunda vez no ano deixan de ser o máis buscado na rede. Primeiro foi coa febre da aplicación de Nintendo: Pokémon GO. Esta vez os números asustan. Dende que o primeiro iluminado sacou a foto ao iogur, as fotos por Whatsapp non pararon e compartirse. Os máis incrédulos,…
Unha parella de Padrón quere chamarlle Escolopendra á súa filla
A parella recibiu unha comunicación do rexistro civil de Padrón na que lles negaban a inscrición da súa filla co nome escollido por eles. Segundo indica a notificación o nome pode ser ofensivo ou prexudicial para a pequena e lle recomendaba un nome moito máis bonito e que non lle causara danos psicolóxicos como Dolores ou…
Feijóo cantará no Luar na súa xira polos programas da TVG.
A canción será unha versión da canción de Julio Iglesias “Un canto a Galicia” e o presidente estará acompañado polo artista vigués Tony Lomba. A xira, que comezou o pasado mércores no programa LandRober, incluirá tódolos programas emblemáticos da televisión pública galega, sendo o debut musical do presidente o punto álxido da mesma. “Grazas a…
Iker Jiménez viaxará a Galiza para investigar quen vota o PP
O presentador de cuarto milenio desprazarase ao noso país para tratar de desvelar o misterio que envolve os votos ao Partido Popular xa que todo o mundo nega telos votado pero conseguen maiorías absolutas. Á señora Lorinda aparecéronselle unhas siluetas de Feijoo na cociña ao estilo das caras de Bélmez. O fenómeno aconteceu nas Pereiras,…
