Conterá todas as merdas que os hipsters lle botan á xenebra.
A empresa Gallina Blanca acaba de anunciar que lanzará unha nova gama de Avecrem destinada a amantes da xenebra. Segundo anunciaron nun comunicado consistirá nunha pastilla similar á que se lle bota á sopa pero destinada aos gintonics.
A pastilla levará xenebreiro, herba limón, cortezas de cítricos, xenxibre, pementa negra, follas de menta e noz moscada. Ás especias típicas que se mezclan no gintonic engadirán o típico caldo de polo e pita que caracteriza á marca.
Os técnicos alimentarios do departamento de I+D da empresa tamén indicaron que a pastilla disolverase perfectamente se se utiliza un axitador de platino iridiado de sete pulgadas aínda que, para unha correcta axitación, recomendan que toda a operación se faga ao ritmo dun vinilo de Aluna George que se reproduza nunha turntable (tocadiscos para os non hipsters) V.C. Verdier.
As reacción dende o mundo hipster non se fixeron esperar e xa se pronunciaron contra o novo produto de Gallina Blanca do que critican que non inclúa óso da soá na súa fórmula.