Política

Esperanza Aguirre dimite para asesorar a Le Pen na segunda volta


A lideresa madrileña abandona o concello farta de escándalos e co obxectivo de converterse en referente europeo.

photo6048727676069456101

Esperanza Aguirre xa se atopa en París onde asesorará a Marine Le Pen.

Esperanza Aguirre, a Tatcher española, non foi quen de aguantar máis a presión causada pola inverstigación do caso Lezo e ás 17h da tarde de onte decidía dar por finiquitado o seu proxecto á fronte do PP madrileño.

Aguirre, que se lanzara na cruzada anticomunista das municipais do pasado 2015, non foi quen de levantar cabeza desde a súa derrota electoral, nun periodo no que ademais de saír á luz numerosas tramas de corrupción, ela mesma foi acusada e perseguida polas rúas de Madrid tras escapar da garda urbana da cidade debido a unha infracción de tráfico.

A gota que colmaría o vaso chegaría da man da investigación e encarcelación do que fora a súa man dereita na Comunidade de Madrid, Ignacio González.

Deste xeito Esperanza por final a décadas ao servizo do partido, nun momento oscuro da súa carreira política e enturbiada polos diferentes escándalos.

Porén, a saída buscada pola expresidente non é nin máis nin menos que trasladarse a París a asesorar a Marine Le Pen de cara á segunda volta dos comicios franceses, onde a líder do Fronte Nacional, parte con lixeira desventaxa ante o liberal Macron.

Le Pen valora moi positivamente a incorporación de Aguirre e afirma ter un posto esperando para ela no caso de lograr a presidencia da República Francesa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.