Informacións recollidas na prensa escrita poderían estar falando do ‘sorpasso’. Baltar está enoxado, alguén ameaza o seu trono de ferro, o seu récord Guinness, o número de porteiros da súa macroinstitución provincial poderíase ver sobardado polos traballadores públicos doutra institución. Segundo se fan eco algúns xornais galegos, a Marea Atlántica, partido que goberna con puño…
Categoría: Política
Caballero manda chover
Ante a inoperatividade da Xunta na xestión da seca que afecta a Vigo o alcalde toma cartas no asunto. No seu programa matutino “Aló Caballero”, o alcalde da cidade olívica carga unha vez máis contra a Xunta pola falta de resposta para paliar os problemas orixinados pola seca. O alcalde promételle á poboación viguesa “chegar…
A Xunta podería aprobar o seu propio protocolo anti-zombi
Desde o Goberno da Xunta ultiman os detalles do que sería o plan estratéxico ante a ameaza dos mortos vivintes. Este pasado xoves saia á luz centos de documentos clasificados do que sería o plan estratéxico da Xunta de Galiza para a actuación ante un ataque zombi. Segundo se desprende dos mesmos, os pasos iniciais…
O PP planea aplicar o art. 155 a quen non os vote
Así o confirmou o voceiro no Congreso Rafael Hernando. Calquera voto efectuado nas vindeiras eleccións, xa sexan de carácter municipal, autonómicas, europeas ou xerais, será susceptíbel de ser trocado sempre e cando este non corresponda co apoio ao Partido Popular. Deste xeito, e mediante reforma constitucional asegúrase a capacidade que terán os presidentes de mesa,…
Feijóo fala máis de Cataluña que de Galiza no Debate sobre o Estado da Nación Galega
O presidente, que entrou en bucle co soberanismo catalán esqueceu por completo nomear as súas propostas para Galiza. O debate sobre o Estado da Nación do día de onte discorreu con relativa normalidade ate o peche de micrófono na intervención do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo. O tempo pareceu collelo desprevido e rematou antes de…
En Marea instalará detectores de metais no seu plenario
A organización rupturista tomará medidas para que os seus militantes non se maten. O plenario de En Marea celebrarase este 15 de xullo no Pazo de Exposicións e congresos de Santiago de Compostela e as augas baixan revoltas debido aos embates que a nova corrente ‘Recuperar En Marea’ formada pola Marea Atlántica, a parte máis…
Xulio Ferreiro asegura que non xogaba a Candy Crush senón a Clash Royale
O alcalde coruñés foi pillado en plena partida durante o discurso da voceira de Unidas Podemos, Irene Montero, durante a moción de censura a Rajoy. Xulio Ferreiro, ou Ksulio para os compiyoguis madrileños, afirmaba na tarde de onte que non se trataba do xogo móbil Candy Crush o que figuraba no seu terminal durante o…
Os votantes do PP son os pais
O achádego foi descuberto por un grupo de sociólogas da USC que buscaban dar resposta ás repetidas victorias do PP en Galiza. A maioría aplastante do PP en Galiza tiña que ter unha base científica e demostrábel. Con esa premisa partía un grupo de 4 sociólogas da Universidade de Santiago de Compostela que hai xa…
Pedro Sánchez OÉ, o novo significado de PSOE
A formación socialista troca o significado do seu acrónimo coa vitoria de Pedro Sánchez.O PSOE é outro desde a vitoria no día de onte do #SíEsSí, del tal xeito e por aclamación os militantes socialistas reunidos onte en Cibeles decidiron que o PSOE pase a ser o partido de Pedro Sánchez OÉ(PSOÉ). A masa, que…
Portugal gaña o debate das primarias do PSOE
O aspirante Salvador Sobral desbancou dialécticamente aos seus rivais cun discurso de esquerda e ruptura. O debate do PSOE, inserido no que están a ser as primarias que decidirán o vindeiro secretario xeral da formación socialista, rematou cun claro vencedor na mañá de onte. Este non foi outro que o home de moda na península…
A próxima operación contra unha trama do PP chamarase ‘Venezuela’
Segundo transcendeu na tarde de onte un grupo de xuíces e fiscais acaban de propoñer que a seguinte operación contra a próxima trama corrupta do Partido Popular sexa denominada co nome de ‘Venezuela’. Agardan que deste xeito os telexornais e o propio PP deixen de nomear o país sudamericano. ‘Imos fartos de que Venezuela sirva…
Esperanza Aguirre dimite para asesorar a Le Pen na segunda volta
A lideresa madrileña abandona o concello farta de escándalos e co obxectivo de converterse en referente europeo. Esperanza Aguirre, a Tatcher española, non foi quen de aguantar máis a presión causada pola inverstigación do caso Lezo e ás 17h da tarde de onte decidía dar por finiquitado o seu proxecto á fronte do PP madrileño….
