A cantidade de coches atrapados pola neve nas estradas provoca un cambio de estratexia tanto do Ministerio de Fomento como da Xunta de Galiza.
Centos de condutores e pasaxeiros atrapados no inverno polas copiosas nevaradas provocan que o goberno pase á acción tras meses de inmobilismo e problemas sucesivos.
Segundo ven de indicar o Ministerio de Fomento a solución pasa por substituír o sal que se sementa nas estradas para evitar que o xeo e a neve impidan a circulación por un compoñente máis agresivo: o glutamato monosódico. Segundo informou o ministerio, o compoñente foi probado con éxito en estradas chinesas e un acordo bilateral co país comunista fará que chegue as nosas estradas.
Fontes do goberno sinalan como principal mellora que a xente atrapada na neve poderá comela xa que terá sabor a tallarines e arroz tres delicias.
O goberno de Mariano Rajoy agarda que, con esta medida, a xente esqueza os recortes e privatizacións no sector público e que se se producen atascos e cortes de circulación o característico cheiro a comida chinesa das estradas faga que a xente asocie as incomodidades co comunismo.