San Xosé enfadado asegura terse feito ateo nos últimos meses.
Que Deus era vengativo queda claro a raíz das lecturas feitas do vello testamento máis desta volta sae á luz algo que polo de agora non fora explicitado, a retranca do todopoderoso.
A retranca de Deus foi a que para enfado do propio San Xosé, máis tamén do Espírito Santo, decidiu fusionar num só día as festividades do San Xosé e o día do pai no 19 de marzo de cada ano.
Esta idea, que cada ano saca de sí ao propio Santo, este ano vése envolta nunha nova polémica, pois Xosé de Nazaret decidiu, baixo consello de Willy Toledo apostatar da relixión católica ante as continuas burlas recibidas a raíz da paternidade de Xesucristo.
Porén, non é o único damnificado da historia posto que o propio Espírito Santo reclama agora, 2018 anos despois a paternidade do fillo de Deus, ante a negación do fito polas Santas Escrituras. Ademais segundo declara o propio Espírito Santo que fagan coincidir O San Xosé e o día do pai está feito a traición, case igual ou maior que a de Xudas.
Desde as moxas Josefinas, voceiras do santo na terra, indicaron que “padre es el que cría. El espiritu santo ese es un pajaro de cuidado”.