Cancelan DiarioCultural e no seu lugar porán a Feijóo falando portugués en bucle

Desaparece un dos programa de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Na xornada de onte deuse a coñecer o contido da xuntanza do Comité Intercentros no que a CRTVG presentou a nova programación da Radio Galega. A principal novidade sería a eliminación do emblemático programa “O diario cultural” e a súa sustitución por un sketch ónde…

A revisión dos delitos de agresión sexual faráa Forocoches.

A decisión chega despois da polémica sentenza da Manada. O Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, ven de anunciar en rolda de prensa a decisión tomada polo Goberno central: a creación dunha comisión que revise o título VIII do código penal no referente ós delitos de abuso e agresión sexual. A comisión estará conformada por destacados…

Trabúcanse e festexan o 25 de Abril con puntas

As persoas organizadoras confunden os tradicionais cravos da revolta con puntas para cravar na madeira. A xornada de onte foi moi movida no municipio de Tui, ónde o concello decidiu organizar unha festa en conmemoración do 25 de abril, todo un guiño ó país veciño. Sen embargo, un erro lingüístico levou á que se confundisen…

O Sergas instala fontes e estanques ornamentais nos hospitais

Parecen pingueiras pola chuvia pero en realidade trátase de fontes ornamentais reiki que alinean o chi dos pacientes A Consellería de Sanidade comezou a instalación de numerosas fontes ornamentais nos hospitais galegos. As primeiras xa chegaron ao novos hospitais con modelo público-privado e trátase de fluxos de auga do chan ao teito que provocan unha…

Un Deus retranqueiro fai coincidir o San Xosé co Día do Pai

San Xosé enfadado asegura terse feito ateo nos últimos meses. Que Deus era vengativo queda claro a raíz das lecturas feitas do vello testamento máis desta volta sae á luz algo que polo de agora non fora explicitado, a retranca do todopoderoso. A retranca de Deus foi a que para enfado do propio San Xosé,…

Roberto Vilar xa poderá falar castrapo sen que o critiquen

O famoso showman galego aproveita o tirón de “Fariña” para fichar por Atresmedia e presentará xunto coa actriz Silvia Abril “La noche de Rober” en Antena 3. Tras varios anos batendo récords de audiencia co Land Rober na Televisión de Galicia, unha canle xeneralista volve darlle outra oportunidade a Vilar para triunfar a nivel nacional….

A Lama albergará o primeiro módulo do mundo para rapeiros

Inaugúrase ante a inminente entrada na cárcere dos membros da banda musical “La Insurgencia’ O módulo contará con 40 celdas, inda que non se descarta a ampliación modular se continúan aumentando o número de persoas encarceadas pola Audiencia Nacional. A localización débese a unha cuestión estratéxica, dado que 6 dos membros do grupo “La Insurgencia”…

A editorial Xerais anuncia o estraperlo de 1500 fardos de Fariña

Un alixo de dúas toneladas da edición en Galego chegará este sábado ás 4 á praia da Lanzada. O director da Editorial Xerais, Manuel Bragado, comunicou na xornada de onte a posta a disposición do público do libro “Fariña”. A editorial, que é a única que ten os dereitos en galego do libro de Nacho…

Inés Arrimadas agradece a festa de Baiona na súa honra

A política de Ciudadanos di sentirse moi contenta de que Baiona lle organice este festexo. No día de onte, a secretaria xeral de Ciudadanos en Catalunya, afirmaba nunha entrevista a Catalunya Radio, sentirse contenta e halagada ante a “festa da Arrimadas” que o concello de Baiona organice este fin de semana. Arrimadas asegurou que nun…

O goberno substituirá o sal nas estradas por glutamato monosódico

A cantidade de coches atrapados pola neve nas estradas provoca un cambio de estratexia tanto do Ministerio de Fomento como da  Xunta de Galiza. Centos de condutores e pasaxeiros atrapados no inverno polas copiosas nevaradas provocan que o goberno pase á acción tras meses de inmobilismo e problemas sucesivos. Segundo ven de indicar o Ministerio…