A TVG seguirá a censurar cancións ata que escampe o tema dos paraísos fiscais

A polémica está servida despois de que a Televisión de Galicia censurara uns segundos da canción dunha canción no programa Musigalité na que se criticaba ao Partido Popular. Segundo explicaron fontes próximas á canle autonómica a medida tomada contra a canción do grupo Ataque Escampe á que se lle censurou unha parte da letra que dicía “Isto…

Multan a unha parella por botar un polbo nun andén de Compostela

Nestes momentos trátase de identificar á parella por medio das gravacións de ADIF. O incidente que acontecía na mañá de onte chamou a atención de usuarios do ferrocarril e traballadores da propia estación, posto que non é moi común ver esta clase de animal no centro da capital galega. Unha parella do redor dos 30…

Calatrava restaurará a Ponte do Bibei

O famoso arquitecto visitará Galiza nos vindeiros días para examinar o proxecto in situ. Nestes días o Congreso dos deputados vén de aprobar a declaración da Vía Nova como Patrimonio da Humanidade, conseguíndose o apoio preciso para iniciar os trámites da petición á UNESCO. Entendendo que acadar a declaración de Patrimonio da Humanidade garantiría aínda máis…

Atopan en Lalín unha vaca que ri

A vaca foi atopada soa nunha leira e rindo a cachón. A noticia corre como a pólvora polas redaccións a nivel internacional, e é que unha vaca que ri, polo de agora tan so se atopara nunha ocasión, a cal acabou sendo triturada para converter en snacks de queixo. A vaca, que pacía soa nunha leira da…

Mario, sé fuerte

Mario Conde e Alberto Nuñez Feijóo intercambiaron saúdos no día de onte, cando o exbanqueiro pasaba nun coche policial detido na cidade de Compostela.  O saúdo, segundo fontes de TemposGalegos, teríase dado por parte do presidente galego, a grito pelao no medio dunha transitada rúa do barrio de San Pedro, onde Feijóo inauguraba un adoquín. Tal e…

Veganos deciden enterrar un grelo en lugar da tradicional sardiña

En diferentes cidades galegas ducias de veganos xuntaronse a carón de cacharelas para despedir o entroido dun xeito particular. Fundamentalemente na provincia de Ourense, onde o Entroido ten un maior peso, pero tamén nalgunhas vilas e cidades do norte galego, como A Coruña ou Compostela, ducias de veganos puxéronse dacordo para darlle o último adeus ao…

Desarticulada a cúpula de Barrio Sésamo por apoloxía do terrorismo

A policía detivo os responsábeis do show infantil por apoloxía do terrorismo ao incluír na programación ao monstro das gallETAs. A denuncia comezou por un pai que se sentiu horririzado ao ver o programa televisivo que estaba a visualizar o seu fillo. ‘Fue horrible: vampiros, dos hombres compartiendo cama e incluso un monstruo que comía galletas’,…