A vaca foi atopada soa nunha leira e rindo a cachón.

A vaca en cuestión.
A noticia corre como a pólvora polas redaccións a nivel internacional, e é que unha vaca que ri, polo de agora tan so se atopara nunha ocasión, a cal acabou sendo triturada para converter en snacks de queixo.
A vaca, que pacía soa nunha leira da comarca do Deza, ría que se escarallaba sen polo de agora saber a causa. Especúlase que poidera estar a rirse do propio alcalde de Lalín, Rafael Cuíña e da convención nacional que celebrou Compromiso por Galicia o pasado fin de semana, a cal rematou coa nova escisión dun centenar de persoas, entre elas o ex-senador Xose Manuel Pérez Bouza.
O dono do animal explicou a TemposGalegos que nunca tal cousa vira, “o máis semellanto foi cando o da asemblea de Amio, que tiven un coello bufaba ao ver ao Beiras” afirmou.
A vaca que ri en Lalín está a coventerse en todo un fenómeno viral e son numerosos os curiosos que se achegan a vela entre os que puidemos ver destacados membros do Partido Popular, que tamén estaban a rir, incoprensiblemente.