O famoso arquitecto visitará Galiza nos vindeiros días para examinar o proxecto in situ.

Infografía da obra de Calatrava na Ponte do Bibei
Nestes días o Congreso dos deputados vén de aprobar a declaración da Vía Nova como Patrimonio da Humanidade, conseguíndose o apoio preciso para iniciar os trámites da petición á UNESCO.
Entendendo que acadar a declaración de Patrimonio da Humanidade garantiría aínda máis a súa protección, os concellos dos arredores (San Xoán de Río, Manzaneda, etc) consideran a medida como moi positiva, sendo o máis eficiente o concello de A Pobra de Trives, onde xa se comezaron cos preparativos para a restauración e posta en valor un dos seus monumentos máis senlleiros: a ponte romana do Bibei, que data do século II, e que aínda soporta tráfico.
Así, tras solicitar o asesoramento pertinente, tanto de diversas administracións públicas como privadas, desde o equipo de goberno local valórase a posibilidade dee ncargar a súa restauración ao famoso arquitecto Santiago Calatrava para sustituír e complementar a actual estrutura básica da ponte, con outro tipo de materiais, que sexan versátiles e sostibles coa contorna.
Tralos primeiros estudos, Calatrava valoraría como opción máis acaída, polas súas múltiples calidades positivas: transmite a luz sen distorsións, é resistente aos axentes químicos así como a fortes impactos, é flexible, etc.
Deste xeito, Santiago Calatrava planea cubrir o arco central da ponte cun inmenso panel de metacrilato, deixando libre a parte inferior do río para que flúa auga no seu cauce natural. Segundo Calatrava, a obra, a pesar de restar algo de aerodinámica á ponte, impedirá o paso a especies invasoras como o salmón de monte ou a ra aviadora.
O alcalde da Pobra de Trives manifesta así sentirse moi orgulloso da declaración, polo que afecta ao seu concello, e afirma que fará todo o que estea nas súas mans para que a ponte sexa un atractivo turístico de excepción no concello, aínda que pase por gastarse miles de millóns no proxecto do famoso arquitecto.