Rita Barberá deixa o PP para unirse ao ‘Club de la lucha’

Despois de que o Tribunal supremo situase a Rita Barberá ao borde da imputación, a valenciá toma unha decisión acerca do seu futuro. Rita Barberá anunciaba no día de onte que abandonaba o Partido Popular despois dunhas intensas semanas, sobre todos nos últimos días, desde que o Tribunal Supremo vinculase á exacaldesa coa trama de…

O PP impugna a camisa do candidato de EnMarea David Rodríguez

Ao pouco de coñecerse a noticia, a camisa agotouse en todas as feiras. O Partido Popular de Ourense decidiu impugnar a camisa do candidato de En Marea pola provincia, David Rodríguez, ao entender que a estética da mesma non pode estar en consonancia cun alcalde, e menos cun deputado do Parlamento Galego. Segundo fontes consultadas por TemposGalegos,…

Fenómenos paranormais polas terras de Trives

Nestas semanas son numerosas as persoas que afirman ter avistado un elemento non identificable surcando o ceo de Trives. Preguntando por este asunto, unha veciña do lugar confirma a existenca dunha singular personaxe: “Osté sabe ese que saía na tele…. si oh, ese cos calzóns por riba das mallas e cunha capa…. O Superman!, Pois…

Organizan un casting para elixir a banda tributo aos Cuchufellos

Xa son numerosos os grupos e formacións interesadas en rendir homenaxe aos de Manzaneda. Despois de máis de vinte anos en activo, a banda do macizo central, os Cuchufellos dirá adeus aos escenarios despois desta última xira. É por isto que xa son varias as bandas que comezan a utilizar cancións dos Cuchufellos nos seus concertos,…

Santiago de Compostela aproveitará as fochancas para construír un metro

Martiño Noriega fará da necesidade virtude e aproveitará o alto número de fochancas na cidade para unilas e construír un metro. Santiago de Compostela será a primeira cidade galega en contar con metro e conseguirao grazas ao alto número de fochancas coa que contan as súas rúas. Técnicos municipais crearon un plan para unilas todas…

Federico Trillo: “La guerra de Irak no existió. Son los padres”

O exministro de defensa do goberno de Aznar indicou onte que “España no fue a la guerra de Irak”. Federico Trillo ofreceu onte unhas declaracións despois de coñecerse o informe Chilcot. Nelas negou que o estado español tivera participado en guerra ningunha. “Enviamos a unos soldados de vacaciones a oriente medio a un sitio en…

Bocixa, dos Zenzar, sustituirá a Lennon á fronte dos Beatles

O líder dos Zenzar será o vocalista da banda de Liverpool durante a vindeira xira. Xosé Bocixa, o líder do grupo galego Zenzar, será o vocalista da banda inglesa The Beatles durante a próxima xira europea que comezará en Sigüeiro e rematará en The Cavern, o mítico local de Liverpool onde a banda ingles tocou por primeira vez. O…

Allariz da comezo á Festa do Boy

Allariz non é allea á polémica e decide trocar o boi por un boy despois das críticas dos animalistas. Serán nove días de celebración da nova Festa do Boy, nun ano que vén marcado polo debate xerado por mor da campaña lanzada polo colectivo animalista Libera (suma máis de 26.000 apoios a través da plataforma Change.org)…

Eurovisión prohibe o uso de camisolas do Xabarín Clube

A organización do certame equiparan a camisola galega coa do ISIS. Eurovisión prohibiu exhibir a camisola do Xabarín Clube, durante o festival, que se celebrará o 14 de maio en Estocolmo. A organización do certame a camisola galega nun grupo de nove «especialmente non permitidas», entre as que destaca a do Estado Islámico. Os responsables…

O día da nai sáldase con 8 mortos e máis de 200 feridos

Achuchóns, bicos e abrazos principais causas das contusións sufridas polas vítimas. Accidentado día da nai o vivido no día de onte en Galiza, no que segundo os últimos datos oficiais, xa son 8 as vítimas mortais nun día para esquecer. As vítimas, homes e mulleres de entre 23 e 34 anos, sufriron diversas contusións ao…