Nestas semanas son numerosas as persoas que afirman ter avistado un elemento non identificable surcando o ceo de Trives.
Preguntando por este asunto, unha veciña do lugar confirma a existenca dunha singular personaxe: “Osté sabe ese que saía na tele…. si oh, ese cos calzóns por riba das mallas e cunha capa…. O Superman!, Pois este dalle un aire, pero leva unhha capa moito mais lucida”.
Afondando na investigación, atopanse testemuños inquietantes: Unha nena afirma ter visto estes días unha figura misteriosa gatuñando por farolas, edificios e monumentos do pobo. Inda que se descoñece a causa de tales accions, descártase que o motivo sexa o roubo, xa que, en troques de roubar, o descoñecido deixa bandeiras de cores alá por onde vai. Un veciño asegura que esta misteriosa personaxe transformou ao seu cuñado: “O meu cuñado antes era aburrido, un augafestas… pero un día atopouse con esta figura misteriosa e desde aquela sempre está de bo humor, non perde unha festa, canta e baila ata non dar máis… É incrible! Eu se non o vexo non o creo, pero asi foi”.
Consultando arquivos históricos, atopouse unha lenda segundo a cal, esa singular personaxe formaba parte dun folión no 2006, pero foi detido por tocar un bombo sen ensaiar. Segun a lenda, non tardou moito en fugarse da prisión na que estaba recluido. Inda o seguen buscando na actualidde. Din que se tes un problema e o atopas cecais poidas contratalo. Sabedores desto, a veciñanza de Trives, preocupada, contactou con Iker Jimenez para averiguar cómo poderian dar con tal personaxe e contratala para varios asuntos pendentes de arranxar no pobo. Segundo esta fonte fiable, será moi doado velo polo pobo durante os próximos dias, en especial do xoves ao domingo. A veciñanza está pensando por carteis de “Se busca” polo pobo e arredores e dar unha cuantiosa recompensa a quen o atope ou de datos verídicos do seu paradoiro. Desde este xornal pómonos á sua disposición e comprometemonos a colaborar e implicar a quen nos lea na búsqueda de tan singular personaxe. Se o ven, non dubiden en contactarnos.