O expresidente do goberno dedícalle a coñecida canción de Merche ao líder de Podemos. Tan só un día despois das duras declaracións do líder de Podemos, Pablo Iglesias durante a sesión de investidura frustrada de Pedro Sánchez, o que fora presidente do goberno español, Felipe González sae a votar máis leña ao xa de por…
Autor: TemposGalegos
Feijoo pregúntase por que nas primarias do supermartes americano non está Superpiñeiro
O presidente da Xunta sorprendeu a propios e estraños preguntando cal era a razón pola que o popular presentador da TVG non estaba nas primarias estadounidenses deste martes. Alberto Núñez Feijoo preguntou aos seus asesores cal era a razón pola cal Xosé Manuel Piñeiro non estaba convidado ao supermartes na que se celebrarán as primarias…
Rubén Cela únese ao movemento dos ‘gordibuenos’
O edil compostelán Rubén Cela, que sorprendeu a todo o pleno municipal co seu xersei “Hotline Bling” de Drake (insertar foto) anunciou que Martiño Noriega “pase de mi culo como de la mierda”. Nese mesmo pleno fíxose eco da súa nova condición de “G.O.R.D.I.B.U.E.N.O”, unha nova tribu urbana que, en palabras do edil correspóndese con…
Ana Pontón: “Encántame que os plans saian ben”
A nova voceira nacional do BNG satisfeita co decorrer da súa Asemblea Nacional. O BNG deu resposta as voces que pedían renovación e confluencia despois dos resultados das pasadas eleccións xerais, cunha asemblea nacional tranquila que rematou segundo o esperado. Ana Pontón, nova voceira nacional, declarou aos medios de comunicación estar satisfeita co resultado da…
Bautista Álvarez proporálle ao BNG un centro de reeducación para feministas explícitas
O expresidente da UPG fará unha ponencia na asemblea do BNG para a creación dun centro de reeducación para as feministas nacionalistas que se están a volver demasiado explícitas. A polémica xurdida pola negativa do medio voceiro da UPG, Terra e Tempo, a publicar unha serie de artigos do home que leva o nome da súa…
Descúbrese que Pedro Sánchez e Albert Rivera teñen moitas aspiracións
Despois do acordo asinado entre Ciudadanos e o PSOE, os líderes de ambos partidos declararon as súas aspiracións. Durante a rolda de prensa acontecida ao fío do acordo de goberno asinado por Albert Rivera e Pedro Sánchez, estes deron as explicacións oportunas das características do texto asinado. Lendo entre liñas deste podemos afirmar tanto as…
A Xunta substituirá as pedras da Cidade da Cultura por uralita
Os problema do risco de desprendemento de parte das fachadas de pedra e o perigo que supón leva ao goberno de Feijoo a susbstituír a custosa pedra brasileira por uralita de galpón. A Xunta acaba de inspeccionar a calidade construción do Gaiás. A inspección da Cidade da Cultura indicou que unhas 100.000 das carísimas pedras de importación…
Declaran a Rajoy “Persona muy rata” en Pontevedra
O presidente do goberno en funcións é nomeado “persona muy rata” na súa cidade natal. Na mañá de onte o pleno do Concello de Pontevedra, reunido no Teatro Principal, acordaba cos votos de BNG, PSOE e Marea de Pontevedra, nomear a Mariano Rajoy “persoa moi rata”. Os recentes feitos, polos cales un goberno en funcións, con…
O Partido Popular abrazará o look perroflauta se se convocan novas eleccións
Un novo look para Mariano Rajoy e para os deputados populares figuran entre as estratexias de comunicación do PP. O Partido Popular xa está a preparar un previsíbel adianto electoral e os seus asesores demoscópicos xa traballan na imaxe dos candidatos populares para os novos comicios. Segundo puido saber Tempos Galegos os asesores de imaxe…
Piden unha condea de 2 anos de cácere para Rita Maestre, un por cada teta
A Fiscalía pide dous anos de cácere para a portavoz do goberno madrileño. Medra o esperpento no Concello de Madrid, se primeiro eran os chíos de Guillermo Zapata e polos que o PP pide a dimisión en pleno dos actores de ‘El Club de la Comedia’ por facer humor negro, ademais do da dimisión propio concelleiro….
Baltar aproveita a súa visita a EEUU para mercar un arma
O presidente da Deputación de Ourense fardou de “pipa” polas redes sociais. Así, na súa visita na busqueda de inversores e empresarios, Xosé Manuel Baltar non deixou escapar a oportunidade de sentirse un estadounidense máis, facendo súa a segunda enmenda da Carta de Dereitos de Estados Unidos, e mercando un arma de uso persoal. Espéculase…
Atopan un podemita que fala galego
Investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) utilizaron o potencial dos ordenadores do centro para desvelar se existía algún membro de Podemos que falase galego. A idea de que non había ningún militante de Podemos que falase galego espertou a curiosidade dun grupo de científicos que se puxeron a indagar. Contaron do seu lado co…
