“Levan máis de dous mil anos soltos!”, indican os investigadores que fixeron o descubrimento. En tempos dos romanos unha garda especializada vixiaba a muralla para que os moradores do interior non saíran fóra e foi nesa época cando se acuñou a expresión “Arde Lucus”. Unha centuria especial, denominada Garda da Noite, gardaba a muralla para evitar…
Autor: TemposGalegos
Sorpresa maiúscula ante a candidatura de Susana Díaz ás primarias do PSOE
Ninguén se esperaba que a presidenta andaluza decidirá dar o paso para liderar aos socialistas. Susana Díaz, a baronesa do PSOE, anunciaba por sorpresa durante a mañá de onte a súa candidatura ás primarias para presidir o partido. Nunha rolda de prensa convocada con tan só media hora de antelación, Díaz anunciou que anunciará proximamente…
O alcalde de Noia tócalles as narices a milleiros de mulleres sen achegarse
“A muller é capaz de sangrar sen cortarse; a muller é capaz de dar a luz sen corrente; a muller é capaz de tocar as narices sen achegarse”, finalistas ao mellor chiste da historia do universo Santiago Freire, alcalde pepeiro de Noia contou os tres chistes, todos seguidos, co motivo do día da muller. Varios…
Feministas filoterroristas congréganse en Compostela para atentar contra o macho dominante
Hordas de mulleres armadas con cánticos antiepiscopais e bombos causaron o terror na capital do país. Compostela, 12h, cánticos satánicos comezan a perturbar o descanso de milleiros de composteláns e turistas da capital. A manifestación convocada polas manifestacións feministas, previa o vindeiro 8 de Marzo, converteuse o pasado domingo no azote brutal do noso ben…
O fósil máis antigo de vida na Terra contén un pelo de Gayoso
O fósil de 3.770 millóns de anos de antigüidade foi descuberto por unha equipa científica en Canadá contén un pelo de cando comezou a caída de cabelo de Gayoso. Unha equipa de científicos descubriu a evidencia máis antiga de vida na terra. Os fósiles foron atopados nunhas rocas no noreste de Canadá que datan duns…
A Xunta de Galiza lanza 72 prazas de emprego púbico
As prazas irán destinadas a cubrir postos na Consellería de Benestar Social e en Presidencia. A Xunta de Galiza vén de ofertar para este ano 2017 un total de 72 prazas de emprego púbico destinadas fundamentalmentalmente a desempregradas e desempregados. As ofertas que cubrirán vacantes nas Consellerías de Benestar Social e Presidencia serán de duración…
O Tang de Licor Café xa está dispoñible en tendas e supermercados
“Como cambian os tempos! Antes tomabamos licor café para ver se así botabamos uns polvos e agora botamos uns polvos para facer licor café”, indica un cliente A multinacional americana General Foods Corporation lanza unha versión dos seu peculiar refrixerante en po que permite facer licor café instantáneo. Así, a empresa que fabrica o Tang, famoso nos…
Atopan morta, en estrañas circunstancias, a Independencia Xudicial
Voceiros do Samur acaban de comparecer en rolda de prensa para comunicar o falecemento da Independencia Xudicial. Segundo comunicaron membros da unidade de emerxencias, Independencia Xudicial, unha muller de 57 anos, resultou ferida por un dos leóns do Congreso dos Deputados. Xa malferida, tratou de pedir axuda sen que obtivera resposta. Polo que parece proseguiu,…
Deteñen a un home que planeaba farcerse pasar por muller no Xoves de Comadres
A policía acusao de suplantación de personalidade e luxuria. A vila de Verín, na comarca de Monterrei, amencía hoxe coas sereas dos corpos de seguridade do estado, que a primeira hora da mañá desenvolvían a operación ‘Deborah’, na que un home de 41 anos foi apreixado ao ser cazado planeando facerse pasar por muller na tarde deste xoves,…
MediaMarkt ficha ao ex-ministro Soria para a súa próxima campaña
A multinacional alemá ficha ao ex-ministro Soria tras observar todo o acontecido tras a sentenza que resolveu a súa estancia hotelera en Punta Cana. Despois de que un xuíz sentenciara que o ex-ministro de industria non pagara a súa suite en Punta Cana e o condenara a pagas as costas a compañía Media Markt ficha…
Caballero presenta o seu libro de xardinería “Cortando capullos”
O alcalde vigués ensina no seu novo libro os principios básicos da poda política. Abel Caballero, o alcalde vigués, famoso no mundo enteiro por crear un Dinoseto ou colocar barcos en rotondas, acaba de lanzar ao público o seu quinto libro, o primeiro deles fora do ámbito novelesco. Neste libro Caballero, baixo o título “Cortando…
Pregúntanlle se ten vacas e responde que un mes ao ano
A fenda entre o mundo rural e o urbano comeza a ser preocupante. A conversa tivo lugar nunha coñecida discoteca da Fonsagrada onde unha gandeira local estaba a conversar cun mozo provinte da Coruña. Segundo relatan testemuñas presenciais tratábase dunha conversa normal ata que a moza, gandeira da parroquia do Freixo, preguntoulle ao seu interlocutor…
