A fenda entre o mundo rural e o urbano comeza a ser preocupante.
A conversa tivo lugar nunha coñecida discoteca da Fonsagrada onde unha gandeira local estaba a conversar cun mozo provinte da Coruña.
Segundo relatan testemuñas presenciais tratábase dunha conversa normal ata que a moza, gandeira da parroquia do Freixo, preguntoulle ao seu interlocutor se tiña vacas ao que este último respondeu que un mes ao ano. Foi nese momento no que a rapaza zanxou o intento frustado de ligue cun “Pois logo de ferrados xa nin falamos”.
Pero a cousa non rematou aí senón que a resposta correu como a pólvora pola discoteca o que motivou incluso unha discusión sobre a teoría da linguaxe onde os participantes se botaban á cara a Otto Jespersen o que provocou que outro grupo de mozos comezase derivar a discusión a Kierkegaard, Nietzsche y Schopenhauer. A discusión foi subindo de tono e derivando cara a eudemonoloxía momento no que interviu unha parella da Garda Civil para evitar que o grupo de mozos caera nun nihilismo escandinavo que non tivera volta atrás.