Ten nove anos e responde ó nome de Alexandre. Foi visto polas inmediacións da Avenida Camelias, onde tentaba mercar nunha tenda. Segundo a súa propietaria repetía insistentemente “unha ducia de ovos”; ó non ser entendido por ningún dos presentes avisouse á Policía Local, que o trasladou a dependencias policiais. Membros de Galicia Bilingüe trasladáronse ata … Seguir lendo
Tag Archives: xunta de galicia
Presentan a I Festa da Empanada de Velutina en Deiro
A Xunta presenta un plan contra a velutina en Deiro. Ata o de agora a Xunta descartara tomar medidas contra a velutina, incluíndoa na lista de especies arraigadas e de interese ecolóxico xunto co arcorito e o penacho da Pampa; sen embargo, o pasado xoves o ente autonómico dou un xiro copernicano, presentando un plan … Seguir lendo
O PP pensa que Feijoo ten un ‘futuro Dorado’ pero el non quere meterse en fariña
Xoan Bascuas amosou o seu malestar porque Feijoo fale de finalizar o seu compromiso por Galicia. O Partido Popular de Galicia amosou onte a súa satisfacción porque Feijoo non deixe o cargo de presidente da Xunta de Galicia. Fontes próximas ao partido indican que ‘Alberto es nuestra riqueza. Es como El Dorado y nos alegramos … Seguir lendo
Feijoo trata de conter o sorriso tras coñecer o resultado da moción da censura
Alberto Núñez Feijoo compareceu ante a prensa e dixo que ‘nunca seré un Judas’ tras o que se escoitou un ‘jijiji’. A caída de Mariano Rajoy da presidencia do goberno dispara os rumores de sucesión por parte do presidente da Xunta de Galicia. É vox populi que Rajoy tiña vetado a Alberto Núñez Feijoo nas … Seguir lendo
O Sergas instala fontes e estanques ornamentais nos hospitais
Parecen pingueiras pola chuvia pero en realidade trátase de fontes ornamentais reiki que alinean o chi dos pacientes A Consellería de Sanidade comezou a instalación de numerosas fontes ornamentais nos hospitais galegos. As primeiras xa chegaron ao novos hospitais con modelo público-privado e trátase de fluxos de auga do chan ao teito que provocan unha … Seguir lendo
Donald Trump imporá un arancel á prensa galega por estar altamente subvencionada
Dende o goberno de Washington chegaron á conclusión de que está altamente subvencionada e que isto é competencia desleal. As altas subvencións á prensa galega levaron onte ao Departamento de Comercio dos Estados Unidos a abrir un litixio comercial ao chegar á conclusión de o produto está altamente subvencionado dente a Xunta de Galicia de … Seguir lendo
Atopan unha familia de koalas vivindo nun monte veciñal do Barbanza
Un comuneiro do monte veciñal de Moldes avisou, na tarde de onte, do extraordinario descubrimento. Trátase dunha familia de tres koalas que estaba a vivir na plantación de eucaliptos que a comunidade de montes ten na parroquia de Oleiros no Concello de Ribeira. O achádego pillou por sorpresa ao veciño que pensaba que se trataba … Seguir lendo
Feijoo inaugura unha inauguración
A febre inauguradora do Partido Popular chega a extremos de que inaugurarán as inauguracións Ao PP non lle saen as contas electorais e o seu comité de campaña lanzou unha campaña para parecer que o goberno fai cousas. Se nos pasados días podiamos ver a Feijoo e outros dirixentes do Partido Popular inaugurando as cousas … Seguir lendo
Ikea fabricará mobles para igrexas despois do éxito de Muxía
A nova liña de mobles eclesiásticos podería estar lista en xuño Despois da presentación da restauración da igrexa da Virxe da Barca a multinacional sueca Ikea vai lanzar unha liña de mobles para igrexas para que se poida exportar o modelo utilizado en Muxía. O nome da nova liña aínda está por decidir pero xa houbo … Seguir lendo
Feijoo métenos dous novos conselleiros no ano que entra
Alberto Núñez Feijoo xa meteu 4 novos conselleiros en 3 anos o que fai unha media de máis dun conselleiro por ano Durante a toma de posesión dos novos membros do Goberno, Feijóo aseverou que os novos conselleiros reúnen non só a preparación senón tamén o espírito necesario para afrontar estes dous anos. Sabe que a marxe … Seguir lendo