Atopado en Vigo un neno falando galego

Ten nove anos e responde ó nome de Alexandre. Foi visto polas inmediacións da Avenida Camelias, onde tentaba mercar nunha tenda. Segundo a súa propietaria repetía insistentemente “unha ducia de ovos”; ó non ser entendido por ningún dos presentes avisouse á Policía Local, que o trasladou a dependencias policiais. Membros de Galicia Bilingüe trasladáronse ata…

Presentan a I Festa da Empanada de Velutina en Deiro

A Xunta presenta un plan contra a velutina en Deiro. Ata o de agora a Xunta descartara tomar medidas contra a velutina, incluíndoa na lista de especies arraigadas e de interese ecolóxico xunto co arcorito e o penacho da Pampa; sen embargo, o pasado xoves o ente autonómico dou un xiro copernicano, presentando un plan…

O Sergas instala fontes e estanques ornamentais nos hospitais

Parecen pingueiras pola chuvia pero en realidade trátase de fontes ornamentais reiki que alinean o chi dos pacientes A Consellería de Sanidade comezou a instalación de numerosas fontes ornamentais nos hospitais galegos. As primeiras xa chegaron ao novos hospitais con modelo público-privado e trátase de fluxos de auga do chan ao teito que provocan unha…

Atopan unha familia de koalas vivindo nun monte veciñal do Barbanza

Un comuneiro do monte veciñal de Moldes avisou, na tarde de onte, do extraordinario descubrimento. Trátase dunha familia de tres koalas que estaba a vivir na plantación de eucaliptos que a comunidade de montes ten na parroquia de Oleiros no Concello de Ribeira. O achádego pillou por sorpresa ao veciño que pensaba que se trataba…

Feijoo inaugura unha inauguración

A febre inauguradora do Partido Popular chega a extremos de que inaugurarán as inauguracións Ao PP non lle saen as contas electorais e o seu comité de campaña lanzou unha campaña para parecer que o goberno fai cousas. Se nos pasados días podiamos ver a Feijoo e outros dirixentes do Partido Popular inaugurando as cousas…

Ikea fabricará mobles para igrexas despois do éxito de Muxía

A nova liña de mobles eclesiásticos podería estar lista en xuño Despois da presentación da restauración da igrexa da Virxe da Barca a multinacional sueca Ikea vai lanzar unha liña de mobles para igrexas para que se poida exportar o modelo utilizado en Muxía. O nome da nova liña aínda está por decidir pero xa houbo…

Feijoo métenos dous novos conselleiros no ano que entra

Alberto Núñez Feijoo xa meteu 4 novos conselleiros en 3 anos o que fai unha media de máis dun conselleiro por ano Durante a toma de posesión dos novos membros do Goberno, Feijóo aseverou que os novos conselleiros reúnen non só a preparación senón tamén o espírito necesario para afrontar estes dous anos. Sabe que a marxe…

Feijoo: “Eu son moi de Podemos, podemos fodervos a todos”

“De feito é o que estamos a facer”, engadiu É o que comentan que realmente dixo Feijoo na comparecencia da prensa que tivo lugar onte tras a reunión semanal do Consello da Xunta. Feijoo que valorou a enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas e dixo que “Ningunha enquisa pode substituír ás urnas” momento no que,…

Constátase que Vigo é unha cidade dormitorio de Ourense

Que a grande parte da poboación da urbe industrial teña ascendencia ourensá abriu o camiño aos investigadores A instalación da fábrica de PSA Citroën en Vigo mudou a fisionomía da cidade, comentan investigadores do campo da  Xeografía Humana da UNED da Coruña que se adicaron ao estudo dos cambios poboacionais na cidade olívica. Segundo consta no estudio foi…