Filtrada conversa entre a concelleira de seguridade cidadá e o alcalde da Coruña.
Actualidade

Filtrada conversa entre a concelleira de seguridade cidadá e o alcalde da Coruña.

Rocío Fraga bromea co alcalde con virse arriba e desaloxar Meirás. Un pantallazo de galegram filtrado nas últimas horas ven de sacar á luz a conversa entre Rocío Fraga, concelleira de igualdade e seguridade cidadá, e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro. Nesta conversa, á que tivo acceso Tempos Galegos, móstrase de xeito distendido, cómo … Seguir lendo

Apartan a unha muller que ía a saír nunha foto cos tres alcaldes
Actualidade

Apartan a unha muller que ía a saír nunha foto cos tres alcaldes

A muller que camiñaba polas rúas de Compostela non daba crédito ao sucedido. Compostela, 19h, o triunvirato de alcaldes mareantes de Compostela, A Coruña e Ferrol, pasean pola capital acompañados de medios de comunicación mentres comentan a actualidade política en torno a EnMarea. Nese instante, nun descoido dos xefes de gabinete dos alcaldes, Xoana Ruibal, que … Seguir lendo

A Coordinadora de En Marea obrigará a Villares a viaxar en BlaBla Car
Política

A Coordinadora de En Marea obrigará a Villares a viaxar en BlaBla Car

Forzará ao ex maxistrado a ir en bicicleta se os traxectos son de menos de 30 quilómetros e a utilizar a coñecida aplicación para compartir coche se supera a treintena. Segundo trascendeu onte, a Coordinadora de En Marea rexeitou a petición de Luis Villares. Fontes próximas a En Marea indican que Iago Martínez tomou a palabra … Seguir lendo

Os tres alcaldes gravarán un disco de ópera
Cultura

Os tres alcaldes gravarán un disco de ópera

Os tres alcaldes do cambio compareceron nunha rolda de prensa para anunciar que gravarán un disco de ópera e anunciaron que, para propiciar a confluencia, darán concertos por todo o país cantando coñecidas cancións de ópera. Xulio Ferreiro indicou na rolda de prensa que chegaron a esa decisión “por consenso” nese momento tomou a palabra Martiño Noriega … Seguir lendo

A Coruña e Santiago temen a chegada dunha praga bíblica
Sociedade

A Coruña e Santiago temen a chegada dunha praga bíblica

Ourense libraríase porque o seu rexedor acudiu á ofrenda deste domingo.  A negativa de Martiño Noriega e Xulio Ferreiro a non acudir á ofrenda ao Santísimo Sacramento pode espertar a ira divina. Así se manifestan varios sacerdotes consultados por esta redacción e que indican que deus podería volver ao seu carácter do antigo testamento debido a … Seguir lendo