Abanca merca a cidade da Coruña, que pasará a chamarse La Abanca

Coa transacción a entidade adquire tamén as palabras neno, já e chuqueles. Abanca, a entidade financeira noutrora galega vén de mercar os p do nome da Coruña nunha transacción que se levaba a cabo a última hora ds tarde de onte. Despois do acordo acadado para cambiar de nome o estadio de Riazor, agora Abanca…

Xulio Ferreiro asegura que non xogaba a Candy Crush senón a Clash Royale

O alcalde coruñés foi pillado en plena partida durante o discurso da voceira de Unidas Podemos, Irene Montero, durante a moción de censura a Rajoy. Xulio Ferreiro, ou Ksulio para os compiyoguis madrileños, afirmaba na tarde de onte que non se trataba do xogo móbil Candy Crush o que figuraba no seu terminal durante o…

Xulio Ferreiro di que o tipo que el elixiu non foi ben elixido

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, di que en En Marea hai dous proxectos políticos, “O meu e o do resto”, indicou. A entrevista que Xulio Ferreiro concedeu á cadena de radio do grupo Prisa segue a levantar polémica no seo de En Marea despois de que o alcalde da Coruña se despacha contra o actual…

Apartan a unha muller que ía a saír nunha foto cos tres alcaldes

A muller que camiñaba polas rúas de Compostela non daba crédito ao sucedido. Compostela, 19h, o triunvirato de alcaldes mareantes de Compostela, A Coruña e Ferrol, pasean pola capital acompañados de medios de comunicación mentres comentan a actualidade política en torno a EnMarea. Nese instante, nun descoido dos xefes de gabinete dos alcaldes, Xoana Ruibal, que…

A Coordinadora de En Marea obrigará a Villares a viaxar en BlaBla Car

Forzará ao ex maxistrado a ir en bicicleta se os traxectos son de menos de 30 quilómetros e a utilizar a coñecida aplicación para compartir coche se supera a treintena. Segundo trascendeu onte, a Coordinadora de En Marea rexeitou a petición de Luis Villares. Fontes próximas a En Marea indican que Iago Martínez tomou a palabra…

Os tres alcaldes gravarán un disco de ópera

Os tres alcaldes do cambio compareceron nunha rolda de prensa para anunciar que gravarán un disco de ópera e anunciaron que, para propiciar a confluencia, darán concertos por todo o país cantando coñecidas cancións de ópera. Xulio Ferreiro indicou na rolda de prensa que chegaron a esa decisión “por consenso” nese momento tomou a palabra Martiño Noriega…

A Coruña e Santiago temen a chegada dunha praga bíblica

Ourense libraríase porque o seu rexedor acudiu á ofrenda deste domingo.  A negativa de Martiño Noriega e Xulio Ferreiro a non acudir á ofrenda ao Santísimo Sacramento pode espertar a ira divina. Así se manifestan varios sacerdotes consultados por esta redacción e que indican que deus podería volver ao seu carácter do antigo testamento debido a…