O PP e C’s avisan a Twitter: ‘280 caracteres son muchos, mejor 155’

O Ministerio de Interior duplicará a plantilla de policías para facer fronte á grave ameaza á liberdade de expresión que supón poder escribir o dobre de caracteres en Twitter. Segundo avanzaron fontes próximas ao ministerio vaise proceder a ampliar a oferta de emprego de policías nacionais para facer fronte a esta nova ameaza. “Los rojos…

O titeriterismo principal problema para os españois segundo o CIS

O segundo lugar pasa a ser ocupado polos comentarios en Twitter. Os datos da principal enquisa sociolóxica  desvelaron que o titeriterismo escalou a primeira posición entre as preocupacións da cidadanía, desbancando do primeiro posto ao paro. Os comentarios en Twitter tamén ascenderon no ranking colocándose en segundo lugar e substituíndo nese posto á corrupción. Nos…

A UPG anuncia a creación da conta de Twitter de Paco Rodríguez

A conta de twitter que será nomeada como @paquiñoUPG e servirá para inserir na rede de microblogging os pensamentos do histórico líder comunista. A organización galega integrada no BNG, confírmaba hoxe a creación da conta de Twitter do seu principal ideológo Francisco Rodríguez coa pretende dar un empurrón tanto á mala xeira de resultados do…

O BNG expulsará aos militantes que usen o español no Twitter

A organización nacionalista revisará os Timeline dos seus militantes en busca de “esquirois españolistas”. Despois da polémica co concelleiro madrileño Guillermo Zapata, membro da formación Ahora Madrid e compañeiro de corporación de Manuela Carmena, o BNG decide poñerse as pilas e depurar militantes para “protexer” o seu futuro. Nun comunicado emitido na súa web o BNG…

A productora de ‘The Walking Dead’ ficha, en bloque, 30.000 seguidores de Rajoy

“Precisamos moitos zombies para a nosa próxima tempada”, afirmaron AMC Networks acaba de anunciar a contratación de 30.000 followers de twitter de Rajoy para a súa próxima tempada da exitosa serie ‘The Walking Dead’. Segundo transcendeu esta fin de semana na prensa internacional a noticia xurdida da compra da seguidores zombies por parte dos xestores…

Filipe Díez anuncia unha ofensiva troll para os últimos días de campaña

Así o anunciaba esta mesma mañá na súa conta de twitter, na que por medio dun escueto chío puña en sobreaviso a todos os seus followers. Esta ofensiva encadrarase dentro do marco de desencanto electoral nas redes sociais ante os próximos comicios, os cales se espera haxa unha gran abstención. En declaracións a TemposGalegos, Filipe,…

Wert modificará por lei a suma para que coincida cos cálculos do PP

Anunciouno a voceira do goberno na rolda de prensa habitual dos venres. Soraya Saenz de Santamaría dixo que dende o goberno non vían máis opción para salvar a economía española que recurtar a suma. Un comité de expertos asesorado por un reputado experto en cálculo elaborou un informe que será engadido á nova Lei de…