Cultura

Detida unha perigosa banda galega de rap que pretendía cantar sobre o narcotráfico


A banda tamén tiña ameazado con cantar con retranca sobre El-Rei.

Unha perigosa banda de rap galega foi desarticulada no día de onte nun operativo da audiencia nacional que conseguiu evitar que miles de persoas puideran escoitar cancións sobre o narcotráfico e algunhas das persoas investigadas na operación Nécora. “¿Desde cuando el rap canta sobre drogas?”, declararon fontes policiais.

Os xulgados actuaron aceleradamente pare evitar daños maiores porque, segundo indicaron fontes próximas á investigación xudicial, estaban incluso tratando de “rapear cosas retranqueiras contra el rey”.

A banda enfrontarase a unha petición de 15 anos de cadea xa que o as mesmas fontes valoran que “la retraca es especialmente perversa. Dicen una cosa y quiere decir otra. Es de locos. Seguro que son independentistas”.

A fiscalía tamén considera un agravante que a banda complementara as súas actuacións con títeres que ían interpretando a letra da canción e que a o grupo tivera aberta unha conta en Twitter na que chiaban vídeos e frases das letras das cancións. “Tenían una cuenta en Twitter y también en Instagram. El agravante es claro. Era cuestión de tiempo que le pusieran su cara a cristo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.