“Menos mal que estas cosas en España no pasan”, declarou o Ministro de Xustiza.
O Tribunal de Police francés condenou a un ano de prisión a R.V. por difundir unha docea de tuits burlándose dos atentados da resistencia francesa contra o réxime de Vichy durante a ocupación nazi na Segunda Guerra Mundial.
O tribunal aceptou o criterio da fiscalía francesa e considerou que as mensaxes que R.V. puxera en Twitter supoñen “desprecio”, “deshonra”, “descrédito”, “burla” e “afrenta a unas personas que sufrieron el zarparzo del terrorismo y sus familiares”, o que, segundo indican na sentenza, supón unha actitude “irrespetuosa y humillante que encaja en el delito de humillación a las víctimas”.
Na mesma sentenza os maxistrados da corte francesa indican que “sus frases refuerzan aún más su carácter de descrédito, burla y mofa de las víctimas del terrorismo” polo que non foi tida en conta a tese da defensa de que os chíos estaban feitos dende a óptima do humor e a retranca.
As autoridades francesas indicaron que para que a sociedade non se faga un lío se absteñan de poñer cousas relacionadas con partidos comunistas e de esquerdas. “Van a estar mal seguro y merecerán penas de cárcel”. Agardan que se a xente sigue esta clara e concisa recomendación todo irá ben e se poderán vivir outros corenta anos de paz.