Parecen pingueiras pola chuvia pero en realidade trátase de fontes ornamentais reiki que alinean o chi dos pacientes A Consellería de Sanidade comezou a instalación de numerosas fontes ornamentais nos hospitais galegos. As primeiras xa chegaron ao novos hospitais con modelo público-privado e trátase de fluxos de auga do chan ao teito que provocan unha … Seguir lendo
Tag Archives: sanidade
Nace Alberto II, futuro presidente da Xunta
Agárdase que cumpra coa tradición popular de herdar os cargos institucionais do seu proxenitor. O fillo de Alberto Núñez Feijoo naceu onte nunha clínica privada da Coruña a pesar de que o presidente da Xunta dixera en campaña que “el mejor sitio para parir era un hospital público”. “Nosotros no hacemos distinción entre público y … Seguir lendo
O Hospital de Ourense anuncia que xa hai listas de espera para os tiroteos
Eloina Núñez, xerente do Complexo Hospitalario de Ourense anunciou hoxe que a lista de espera para recibir un balazo. O promedio de espera para un tiroteo no CHUOU alcalza os 70 días. A Consellería de Sanidade xa se puxo mans a obra para solucionalo e está a tratar de privatizar o servizo. Deste xeito aos integrantes … Seguir lendo
A Consellería de Sanidade prohibirá os magostos por canceríxenos
O departamento da Xunta baséase na resolución da Organización Nacional da Saúde para prohibir esta festa tradicional. A Consellería de Sanidade anunciou onte, por sorpresa, unha resolución pola que os magostos pasarán a estar prohibidos en Galicia. A razón que esgrime a consellería baséase na declaración como canceríxena da carne procesada que foi realizada pola … Seguir lendo
O hospital de Vigo pioneiro no tratamento experimental con augas fecais
A Consellaría de Sanidade acaba de anunciar que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xa está a realizar ensaios exitosos con augas fecais. Trátase dun tratamento experimental que trata de avanzar na reanimación de enfermos. Os ensaios estanse a producir xa na Unidade de Reanimación (REA) do hospital de Vigo. A consellaría agarda ter en … Seguir lendo
Sanidade propón peregrinacións de xeonllos ao novo hospital de Vigo
A Xunta de Galicia está a inaugurar no hospital novo de Vigo, un novo sistema de xestión da sanidade pública. A Conselleira de Sanidade abroncou ás becarias que enviaron os xornais cas conclusións dos estudos da consellería: ‘O mal da sanidade pública son os maulas que se fan pasar por doentes’, berrou estragando o micro … Seguir lendo
Miles de persoas saen a pasear á vez en Vigo
‘Agora á xente dalle por aí’, comentou Alberto Núñez Feijoo. O pasado xoves 3 de setembro produciuse un fenómeno estraño no que centos de miles de persoas saíron a pasear á vez polas rúas da cidade de Vigo. A conselleira de Sanidade declarou que lle parecía moi ben que ‘la gente adquiera estilos de vida saludables’. ‘Pasear … Seguir lendo
O ladrón pintou un carallo no Códice Calixtino
Tamén escribiu a lista da compra e sospéitase que o levou ao supermercado As sorpresas non cesan no caso do Códice Calixtino. A última, que puidemos coñecer hoxe, trátase de que o ladrón pintou un carallo sobre unha das ilustracións do Códice Calixtino. Os peritos xudiciais desvelaron a profanación do libro mediante debuxos feitos a … Seguir lendo
A Xunta venderá en eBay parte do CHUVI
Anunciouno a conselleira de Sanidade nun simposio sobre Privatización 2.0 Onte clausurouse un novo simposio para cargos populares que impartiu as FAES. A Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia amosouse entusiasmada pola charla e xa acordou co presidente a privatización de parte da sanidade a través da internet. ‘Escollimos eBay por se unha plataforma … Seguir lendo