O Sergas instala fontes e estanques ornamentais nos hospitais

Parecen pingueiras pola chuvia pero en realidade trátase de fontes ornamentais reiki que alinean o chi dos pacientes A Consellería de Sanidade comezou a instalación de numerosas fontes ornamentais nos hospitais galegos. As primeiras xa chegaron ao novos hospitais con modelo público-privado e trátase de fluxos de auga do chan ao teito que provocan unha…

Nace Alberto II, futuro presidente da Xunta

Agárdase que cumpra coa tradición popular de herdar os cargos institucionais do seu proxenitor. O fillo de Alberto Núñez Feijoo naceu onte nunha clínica privada da Coruña a pesar de que o presidente da Xunta dixera en campaña que “el mejor sitio para parir era un hospital público”. “Nosotros no hacemos distinción entre público y…

A Consellería de Sanidade prohibirá os magostos por canceríxenos

O departamento da Xunta baséase na resolución da Organización Nacional da Saúde para prohibir esta festa tradicional. A Consellería de Sanidade anunciou onte, por sorpresa, unha resolución pola que os magostos pasarán a estar prohibidos en Galicia. A razón que esgrime a consellería baséase na declaración como canceríxena da carne procesada que foi realizada pola…

O hospital de Vigo pioneiro no tratamento experimental con augas fecais

A Consellaría de Sanidade acaba de anunciar que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xa está a realizar ensaios exitosos con augas fecais. Trátase dun tratamento experimental que trata de avanzar na reanimación de enfermos. Os ensaios estanse a producir xa na Unidade de Reanimación (REA) do hospital de Vigo. A consellaría agarda ter en…

Sanidade propón peregrinacións de xeonllos ao novo hospital de Vigo

A Xunta de Galicia está a inaugurar no hospital novo de Vigo, un novo sistema de xestión da sanidade pública. A Conselleira de Sanidade abroncou ás becarias que enviaron os xornais cas conclusións dos estudos da consellería: ‘O mal da sanidade pública son os maulas que se fan pasar por doentes’, berrou estragando o micro…

Miles de persoas saen a pasear á vez en Vigo

‘Agora á xente dalle por aí’, comentou Alberto Núñez Feijoo. O pasado xoves 3 de setembro produciuse un fenómeno estraño no que centos de miles de persoas saíron a pasear á vez polas rúas da cidade de Vigo. A conselleira de Sanidade declarou que lle parecía moi ben que ‘la gente adquiera estilos de vida saludables’. ‘Pasear…

O ladrón pintou un carallo no Códice Calixtino

Tamén escribiu a lista da compra e sospéitase que o levou ao supermercado As sorpresas non cesan no caso do Códice Calixtino. A última, que puidemos coñecer hoxe, trátase de que o ladrón pintou un carallo sobre unha das ilustracións do Códice Calixtino. Os peritos xudiciais desvelaron a profanación do libro mediante debuxos feitos a…

A Xunta venderá en eBay parte do CHUVI

Anunciouno a conselleira de Sanidade nun simposio sobre Privatización 2.0 Onte clausurouse un novo simposio para cargos populares que impartiu as FAES. A Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia amosouse entusiasmada pola charla e xa acordou co presidente a privatización de parte da sanidade a través da internet. ‘Escollimos eBay por se unha plataforma…