O consello da corporación da Radio e Televisión de Galicia acaba de informar de que cambiará a sintonía de inicio do Telexornal Mediodía e que a sintonía elixida será o himno do Partido Popular. A gravación correrá a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense nunha representación que recorda ás multitudinarias congregacións de…
Etiqueta: pp
A policía disparará ovos de chocolate en vez de pelotas de goma
Nun comunicado feito público esta mañá o Ministerio do Interior daba a coñecer a estratexia de contención de masa para os próximos anos e que irá fortemente vinculada a próxima Lei de Seguridade Cidadá ou Lei Mordaza. Xa o pasado mércores forzas do orde da Policía Española ensaiaban esta nova balística antirepresiva, contra os mariñeiros…
A EGAP realizará un curso de Whatsapp para altos cargos da Xunta
A administración autonómica tomou a decisión despois de que moitos dos seus altos cargos non entendan os emoticonos que lle manda a xente. A EGAP ofrecerá un curso sobre Whatsapp aos altos cargos da Administración da Xunta de Galicia. O máximo órgano de formación da administración galega viuno necesario despois de comprobar que ampla maioría…
Rajoy e Rubalcaba sacan as pirolas no Congreso para ver quen a ten máis grande
Nun xesto inaudito o presidente e o líder da oposición, depois de estar discutindo durante toda a mañá e toda a tarde, decidiron sacar os seus penes e comparalos para ver quen ten o órgano máis grande. Os feitos aconteceron despois do acalorado debate da tarde, dos continuos reproches e de centos de miles de…
Nintendo lanza Pokemon, Corruption Edition
Novos pokemons con rolex, gindastres e xardíns perfectamente acondicionados e incluirá un novo mercado no que regalar toda clase de complementos, dende rolex ata chisqueiros A coñecida empresa nipona acaba de anunciar o lanzamento dunha nova versión especial da súa coñecida franquicia Pokemon. Segundo anunciaron nunha nota de prensa agardan obter un significativo éxito tanto…
Wert modificará por lei a suma para que coincida cos cálculos do PP
Anunciouno a voceira do goberno na rolda de prensa habitual dos venres. Soraya Saenz de Santamaría dixo que dende o goberno non vían máis opción para salvar a economía española que recurtar a suma. Un comité de expertos asesorado por un reputado experto en cálculo elaborou un informe que será engadido á nova Lei de…
O bigote de Aznar medra cara adentro
Esta foi a afirmación categórica que se da desde a Clínica RUBER, onde desde a pasada noite o expresidente do goberno permanece ingresado. En rolda de prensa o equipo médico encargado do que no seu momento fora un dos bigotes máis valorados, explicaron que se atopan ante unha das chamadas enfermidades raras, sendo un dos…
Samsung patrocinará as comparecencias de Rajoy
A multinacional chegou un acordo co Partido Popular para patrocinar os eventos. A empresa coreana ve un potencial tremendo na estratexia de Rajoy. Pensa que, ao non dar a cara, lles pode beneficiar enormemente. Para iso acaba de asinar un convenio co PP para patrocinar eventos deste tipo. Os departamentos de I+D+i de Samgung e…
