Asinarán un acordo similar ao de Podemos que asegura a inclusión dos seus usuarios nas primarias de En Marea sen identificación. A coordinadora provisional de En Marea ven de asinar un novo acordo con ForoCoches para que os seus usuarios poidan votar nas primarias de En Marea. Deste xeito o listado de rexistrados na súa web … Seguir lendo
Tag Archives: podemos
O programa económico de Unidos Podemos terá unha versión en bolívares
O expertos de Podemos aseguran que é un xeito de que máis persoas entendan os datos. O programa económico de Unidos Podemos, un mix entre o de Izquierda Unida e Podemos terá unha versión bolivariana. Así o afirmaron as voceiras do grupo económico de Podemos no día de onte. A diferenza do programa presentado no … Seguir lendo
Ángela Rodríguez ‘PAM’ non se agrada a si mesma
A deputada de EnMarea no Congreso español, estoura contra si mesma nun acto de Podemos. Durante o acto da formación violeta celebrado en Ames o pasado fin de semana, a ate onte deputada por En Marea estalaba contra si mesmo asegurando que “ela mesma non se agrada a si mesma, polo que é normal que … Seguir lendo
As loitas de poder de Podemos-Galicia inspirarán a nova tempada de Game of Thrones
Cando se pensaba que John ‘Breogán Riobóo’ Snow estaba morto, a historia da un xiro inesperado e volverá para reclamar o trono da casa Stark das mans da meiga vermella que será interpretada por Carmen Santos. A nova tempada de Xogo de Tronos está a xenerar moita expectación e en Galiza aínda máis despois de … Seguir lendo
Podemos Galicia instalará un ring de boxeo no seu Consello Cidadán
Visto que os problemas continúan en Podemos Galicia aínda despois de ter feito novas eleccións para escoller á nova dirección, a formación de Pablo Iglesias optará por resolver os problemas a hostias. Para iso procederán a instalar un ring de boxeo na sede do Consello Cidadán galego onde poderán resolverse pola forza todas as cuestión … Seguir lendo
Romanía demanda a Podemos e EU por usar a súa bandeira para celebrar o aniversario da república
A utilización da bandeira para os actos de conmemoración do Día da República está a provocar un conflito diplomático polo uso da enseña republicana. Foron moitas as cidades hoxe onde ondeou o a bandeira republicana para celebrar o 85ª aniversario da Repúblia Española. A maioría concellos nos que a maioría de goberno a conforman membros … Seguir lendo
Podemos forza á Seleccion Galega a xogar contra Venezuela
‘El bolivarismo va a llegarrrr’, declarou Antón Gomez-Reino cando os medios lle preguntaron sobre o próximo partido da selección galega. Segundo fontes que prefiren permanecer no anonimato o partido que xogará o próximo 20 de maio a Selección Galega contra Venezuela puido ser forzado por Podemos. A financiación que a formación de Pablo Iglesias obtivo de … Seguir lendo
Felipe González: “Una de GAL y otra de arena”
O expresidente do goberno dedícalle a coñecida canción de Merche ao líder de Podemos. Tan só un día despois das duras declaracións do líder de Podemos, Pablo Iglesias durante a sesión de investidura frustrada de Pedro Sánchez, o que fora presidente do goberno español, Felipe González sae a votar máis leña ao xa de por … Seguir lendo
Piden unha condea de 2 anos de cácere para Rita Maestre, un por cada teta
A Fiscalía pide dous anos de cácere para a portavoz do goberno madrileño. Medra o esperpento no Concello de Madrid, se primeiro eran os chíos de Guillermo Zapata e polos que o PP pide a dimisión en pleno dos actores de ‘El Club de la Comedia’ por facer humor negro, ademais do da dimisión propio concelleiro. … Seguir lendo
Atopan un podemita que fala galego
Investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) utilizaron o potencial dos ordenadores do centro para desvelar se existía algún membro de Podemos que falase galego. A idea de que non había ningún militante de Podemos que falase galego espertou a curiosidade dun grupo de científicos que se puxeron a indagar. Contaron do seu lado co … Seguir lendo