Deportes

Podemos Galicia instalará un ring de boxeo no seu Consello Cidadán


Visto que os problemas continúan en Podemos Galicia aínda despois de ter feito novas eleccións para escoller á nova dirección, a formación de Pablo Iglesias optará por resolver os problemas a hostias.

ring boxeo

Carmen Santos nun entrenamento para o futuro combate con Breogán Riobóo e Pam

Para iso procederán a instalar un ring de boxeo na sede do Consello Cidadán galego onde poderán resolverse pola forza todas as cuestión que susciten polémica. Segundo explicaron no comunicado de prensa ‘Podemos, siguiendo su tradición de aperturismo y transparencia pondrá a disposición de la ciudadanía esta infraestructura para que lo pueda utilizar quien lo desee’. Tamén adiantaron que a pelexa inaugural podería ser un combate a tres entre Carmen Santos, nova secretaria xeral e defensora do título, contra Ánxela Rodríguez ‘Pam’ e Breogán Riobóo, que tentaría recuperar a coroa dos pesos medios de Podemos.

Outras formacións xa amosaron interese pola idea e, deste xeito, Compromiso por Galicia xa solicitou a Podemos o seu uso para resolver os problemas derivados da convención nacional que se celebrou o pasado fin de semana. ‘Pedímoslle que mentres non merquemos un ring propio nos deixen utilizar o seu para celebrar un combate entre Bascuas e Pérez Bouza’, indicaron fontes de CxG.

O BNG criticou a infraestrutura calificándoa de españolista e imperialista. ‘O boxeo ven de fóra. Podemos soamente quere impoñer o españolismo e cousas anglosaxonas. No BNG tamén podemos resolver os problemas a hostias, faltaría máis. De feito a UPG de cada comarca pode pelexarse cos militantes que o desexen en calquera momento que o pidan. Pero farémolo como galegos: con sachos’.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.