A crise leva aos alcaldes a ser imaxinativos para manter o nivel de ‘mordidas’ A crise do ladrillo e o conseguinte pinchazo da burbulla inmobiliaria baixou o nivel de renta de moitos alcaldes. O nivel de construción retrocedeu a niveis dos anos oitenta e isto provoca que o nivel de ingresos ao que estaban acostumados…
Etiqueta: humor
O PSOE de Vigo presenta unha lista plural que acolle a todas as sensibilidades
O PSdeG-PSOE de Vigo presentará unha lista electoral que recolle todas as sensibilidades do partido Despois das interminables batallas internas dentro do PSOE vigués a dirección conseguiu pacificar a organización e presentará, nestas municipais, unha lista plurar e que recolla todas as sensibilidades do partido. Deste xeito todos os postos da lista van ser ocupados…
Un xeranio substituirá a Toni Cantó no seu escano
Fai o mesmo traballo e non di tantas burradas O deputado de UPyD no Congreso, Toni Cantó, anunciou onte que renunciaba a súa acta e que non será o candidato de UPyD á Generalitat Valenciana. O anuncio foi feito nunha rolda de prensa convocada o martes e nela anunciou que continuaría na formación ata o…
O goberno meterá á ONU na lista de organizacións terroristas por oporse á Lei Mordaza
As declaracións saídas da ONU en contra da Lei Mordaza e o recorte de liberdades no estado español propician que o goberno adopte a decisión Fontes próximas ao goberno de Mariano Rajoy filtraron hoxe que o goberno estaría a pensar en introducir á ONU na lista de organizacións terroristas por opoñerse á Lei Mordaza. As…
Ikea fabricará mobles para igrexas despois do éxito de Muxía
A nova liña de mobles eclesiásticos podería estar lista en xuño Despois da presentación da restauración da igrexa da Virxe da Barca a multinacional sueca Ikea vai lanzar unha liña de mobles para igrexas para que se poida exportar o modelo utilizado en Muxía. O nome da nova liña aínda está por decidir pero xa houbo…
Mercedes Alaya investigará se o PSOE aplicou un ERE ao PP nas eleccións andaluzas
O PP baixa 17 escanos no parlamento andaluz e a xuíz investigará se se trata dun ERE do PSOE Ante o descalabro do PP nas elección andaluzas Mercedes Alaya, a xuíza que leva o caso dos EREs da Junta de Andalucía, investigará se durante o proceso electoral houbo ERES ilegais. Así, abrirá unha nova liña de…
O Centro Superior de Hostelería de Galicia inventa o Porro con enchufe
O departamento de I+D do Centro Superior de Hostelaría de Galicia logrou que o Porro tivese un enchufe A investigación e desenvolvemento galegos están de noraboa. Tras varios meses de traballo parece que os esforzos feitos polo Centro Superior de Hostelaría de Galicia deron os seus froitos e onte coñecíamos a existencia dun Porro con enchufe….
Prostíbulos lanzan un bono-desconto familiar para familias con dificultades económicas
‘A familia que vai unida de putas, permanece unida’, será o slogan Varios puticlubs do país van lanzar un bono familiar ás familias que, pola súa situación económica, non poidan permitirse seguir indo de putas. Outros establecementos van incluír áreas de bolas para que os nenos se entreteñan mentres seus proxenitores desfrutan dos distintos servizos. ‘Los chulos…
Feijoo disfrazouse de Operación Zeta
As novas que situaban ao presidente en México non eran correctas e, polo que puido saber este medio, estivo no entroido de Viana do Bolo disfrazado de letra zeta. O ano pasado xa saltara a polémica despois de que Feijoo se disfrazara de Marcial Dorado, este ano non foi menos e o presidente conseguiu levantar de…
Rajoy utilizará unha machada se non lle abres a porta
O Partido Popular puxo en marcha unha campaña na que Mariano Rajoy irá, porta por porta, agradecéndolle a cidadanía a súa paciencia. ‘Vamos a agradecerles que nos votaran’, di un representante da nova campaña do PP, ‘pero muchos no nos abren la puerta y no sabemos por qué’. Tamén amosaron preocupación pola situación económica. Din…
O tradutor automático da Voz de Galicia ocupará unha cadeira na RAG
A próxima incorporación da Real Academia Galega non será unha persoa. A institución da lingua confirma que entre o elenco de escritores e escritoras escollidas para optar á cadeira vacante na RAG optarán polo tradutor automático da Voz de Galicia. O tradutor foi proposto por alomenos tres académicos dos máis de trinta que existen na…
Fans de Jesús Vázquez entusiasmados pola súa candidatura á alcaldía de Ourense
O PP designou esta fin de semana a Jesús Vázquez como candidato á alcaldía de Ourense polo que os fans do coñecido presentador e eventual cantante xa se apresuraron nas redes sociais a darlle os parabéns e a desexarlle éxito na súa nova aventura política. A través do Twitter moitos incluso adiantaron as presumibles boas…
