A rapaza de Pontedeume volve á carga dando clases de fonética galega. Miriam volveu sorprender a todos espectadores dando unha clase maxistral de fonética a unha das mestras de canto, en concreto a Laura Andrés, técnica vogal da academia. No vídeo que só ten uns minutos pódeselle ver corrixindo a pronunciación da mestra, se ben…
Etiqueta: gloria lago
Galicia Bilingüe escandalízase porque Eurovisión permita cantar en reintegrata
Veciños de Vigo alarmáronse cando, ás 21:53 horas, segundos despois do comezo da actuación de Portugal no festival de Eurovisión, unha voz rota gritou desesperada “Nooooooooooooo!” A alarma inicial veuse reducida cando o primeiro berro foi seguido de “En reintegrata, noooooooooooooo!” momento no que a veciñanza xa se deu conta de que os berros poderían proceder da vivenda de…
A Xunta festexará o día das Letras o 15 de maio para non contradecir ao presidente
O executivo decide trocar o Día das Letras Galegas despois de que Feijóo dixera que este era o 15 de maio. O ano 2017 pasará a historia da literatura galega como o ano no que se trocou a súa festividade que pasa do 17 de maio ao día 15. A razón deste cambio reside no…
Galicia Bilingüe denuncia a politización do Celta-Dépor co himno galego
Gloria Lago pídelle a RFEF que obrigue a cantar o himno español en todos os estadios. O vídeo das afeccións de Celta e Dépor cantando o himno galego o pasado sábado en Balaídos estase a converter en fenómeno viral desde a súa publicación na páxina oficial do Real Clube Celta de Vigo en Facebook, e que…
GaliciaBilingüe denuncia ao PP por impoñer o galego
A Plataforma da viguesa Gloria Lago levará aos tribunais ao Partido de Feijóo por usar o galego en actos públicos. A raíz da moción lingüistica-antisecesionista presentada por Ciudadanos no Concello de “El Ferrol”, e na que todos os grupos municipais, menos os de Albert Rivera optaron por rexeitar, GaliciaBilingüe sae a defensa dos dereitos lingüisticos…
Netflix ofertará todas as tempadas de ‘Pratos Combinados’
A compañía norteamericana aposta forte no seu estreno e incluirá na súa oferta de ficción as catorce tempadas de ‘Pratos Combinados’. Moitos afeccionados ao cine e as series televisivas agardaban con ansia a chegada de Netflix e a compañía non quixo defraudar e apostou na súa aterraxe con ofrecer algo que ningunha outra plataforma televisiva…
A editorial Vicens Vives reafírmase nos seus libros en castrapo
A editorial catalana asegura non entender a polémica coa súa edición en castrapo de libros educativos. A editorial Vicens Vives, editora de numeroso material escolar, vén de reafirmarse na súa liña de libros en castrapo divulgado por todo o territorio galego. A empresa asegura que nunca a editorial tivera ningún problema con outras liguas do…
Paco Vázquez propón que ABANCA pase a chamarse LABANCA
Así o anunciaba a pasada noite nunha coñecida tertulia televisiva. O exalcalde da Coruña, defendía en riguroso directo “o dereito a falar e que á xente lle falen como Dios manda”, repetindo así o que foi para el unha loita histórica na cidade herculina, que todo o mundo lle chamara polo seu nome orixinal, La Coruña….
Galicia Bilingüe alarmada polos penes amputados por culpa do idioma
Segundo indican van iniciar unha campaña titulada ‘O galego impórtame un carallo’ destinada a preservar os xenitais da xente que fala ‘como dios manda’ A organización que preside Gloria Lago amosou hoxe a súa alarma pola cantidade de penes que están a ser autoamputados por culpa do idioma. Na rolda de prensa convocada ao efecto, indicou…
