Economía

Paco Vázquez propón que ABANCA pase a chamarse LABANCA


Así o anunciaba a pasada noite nunha coñecida tertulia televisiva.

O exalcalde da Coruña, defendía en riguroso directo “o dereito a falar e que á xente lle falen como Dios manda”, repetindo así o que foi para el unha loita histórica na cidade herculina, que todo o mundo lle chamara polo seu nome orixinal, La Coruña.

Logo proposto por Paco Vázquez.

Deste xeito Paco Vázquez enmárcase de novo na primeira liña de batalla idiomática, no que se intúe pode ser un pulso de cara a constituír un novo colectivo lingüístico, o cal segundo as últimas informacións podería chamarse Galiñola, xogo de palabras entre Galicia e española.

Segundo comentou Paco Váquez, el mesmo encamiñou varios escritos tanto a ABANCA, como a súa empresa matriz, Banesco, nos que formalmente pide o cambio de nome.

Ao corte saía esta mesma mañá a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, a cal en conversa telefónica asumía como súas as palabras de Paco Vázquez pedindo tamén “por el derecho y el respeto de las minorías, los directivos de Banesco, como hispanohablantes tienen que entender los problemas que sufre nuestro idioma en está región de España”.

Preguntada polo posíbel nacemento do colectivo Galiñola, Gloria Lago afirmaba que “La gente pide unión, y una gran coalición lingüistica puede hacer que Galicia por fin asuma su rol dentro de España, la de vender madera y pescado, en vez de tanto sectarismo y tanto terrorismo. Tenemos que mover los marcos”.

Ao peche desta edición a dirección de ABANCA non se pronunciou ao respecto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.