Ten nove anos e responde ó nome de Alexandre. Foi visto polas inmediacións da Avenida Camelias, onde tentaba mercar nunha tenda. Segundo a súa propietaria repetía insistentemente “unha ducia de ovos”; ó non ser entendido por ningún dos presentes avisouse á Policía Local, que o trasladou a dependencias policiais. Membros de Galicia Bilingüe trasladáronse ata…
Etiqueta: galego
Indígenas con acento gracioso y cantarín hacen una manifestación este 17 de mayo
Aborígenes se manifestarán este jueves en Santiago de Compostela por su derecho a hablar cantando. Se trata de indígenas que poseen un gracioso y cantarín acento que resulta muy gracioso de escuchar pero que se torna en peligroso cuando quieren usar su propio dialecto en público. Tales ocurrencias suponen un peligroso movimiento ya que quieren…
Maluma cantará tres cancións en galego-portugues na súa próxima xira.
A nova chega poucas semanas despois de que o artista colombiano do número un nas listas dos 40. A super estrela latina acaba de confirmar a súa aposta polo galego- portugués na próxima xira, o Maluma World Tour 2018, a cal fará escala en Santiago de Compostela a finais de Setembro. O grupo xa deixara…
A editorial Xerais anuncia o estraperlo de 1500 fardos de Fariña
Un alixo de dúas toneladas da edición en Galego chegará este sábado ás 4 á praia da Lanzada. O director da Editorial Xerais, Manuel Bragado, comunicou na xornada de onte a posta a disposición do público do libro “Fariña”. A editorial, que é a única que ten os dereitos en galego do libro de Nacho…
Google Chrome recoñece que utilizou a Castelao cómo inspiración da ventá de incógnito
A versión galega protexerá as pesquisas dos galeguistas da Audiencia Nacional Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pasará a historia mundial, non só por ser unha das figuras máis relevantes no eido artístico e literario galego, senón tamén por servir de inspiración á equipa de Google Chrome no deseño da súa ventá de incógnito. A orixe da…
Ingresado membro de AGAL polo subidón tras a conversa dunha concursante de OT coa profesora de portugués
Miriam, concursante de Operación Triunfo, mantivo unha conversa en galego coa profesora de portugués da academia. Os servizos de urxencias do Sergas, informaron que un veciño de Santiago de Compostela, membro de AGAL, tivo que ser ingresado tras o subidón que lle produciu ver á consursante falando en galego coa profesora de portugués da academia….
Ameazan con expulsar de OT a unha concursante galega por cantar no seu dialecto
A dirección do programa comunicou que está a valorar o sucedido e resolverá nos vindeiros días. Miriam, a coruñesa que ate o día de hoxe aínda se atopa dentro da casa de Operación Triunfo, podería ter o días contados se se confirma a penalización que a a dirección do centro estuda aplicar por usar un…
Extraños seres que se comunican con las vacas se manifiestan en Compostela
Habitantes del noroeste de la península ibérica se manifestarán el día 17 de mayo para defender su extraña lengua que les permite entrar en conversaciones con los bóvidos. Se trata de descendientes de antiguos celtas y suevos que tienen la habilidad rúnica de profesar una lengua que les permite hablar con las vacas. En un…
Un galego de Esteiro remata con éxito o descenso do Everest en carrilana
“O carallo foi subir a carrilana ata o cumio, baixar foi doado”, declarou. Antonio R.V. converteuse no primeira persoa do mundo en completar un descenso do Everest en carrilana. A súa historia comezou tomando unhas tazas no bar onde os colegas desafiárono a facer unha baixada de Pena Trevinca en carrilana. Antonio, home curtido do…
Detido por yihadista un galego que gritou ‘Alá foi!’ no metro de Madrid
Xosé Seoane Berzas, máis coñecido como O Kale polos seus amigos hipsters, foi detido por intento de atentado terrorista a pasada tarde. A policia tívoo detido ata escoitar a súa declaración do acontecido e deixalo en liberdade. O galego, nun evidente estado de confusión, tratou de explicar como sucederan os feitos. Eu só lle dixen…
Centro de investigación de primates consegue que un policía aprenda 50 palabras en galego
Científicos dun centro de investigación de primates afirman que conseguiron que un policía aprendera cinco decenas de palabras en galego. A equipa responsábel do proxecto afirma que despois de máis de un lustro de traballo intensivo están en disposición de amosar ao mundo un exemplar de policía que poida comunicar e entender 50 palabras na…
Atopan un podemita que fala galego
Investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) utilizaron o potencial dos ordenadores do centro para desvelar se existía algún membro de Podemos que falase galego. A idea de que non había ningún militante de Podemos que falase galego espertou a curiosidade dun grupo de científicos que se puxeron a indagar. Contaron do seu lado co…
