Sucesos

Ingresado membro de AGAL polo subidón tras a conversa dunha concursante de OT coa profesora de portugués


Miriam, concursante de Operación Triunfo, mantivo unha conversa en galego coa profesora de portugués da academia.

Os servizos de urxencias do Sergas, informaron que un veciño de Santiago de Compostela, membro de AGAL, tivo que ser ingresado tras o subidón que lle produciu ver á consursante falando en galego coa profesora de portugués da academia. Segundo comunicaron membros da familia comezou a gritar “Si, si, siiii! São a mesma língua” e comezou a hiperventilar e tiveron que chamar ao 061 polo ataque de ansiedade.

“Foi como se tivera 1.000 orgamos seguidos”, indicaron testemuñas presenciais. “O home estaba eufórico, fóra de si pero de alegría”, engadiron.

O persoal do 061 informou que cando o home foi recollido estaba consciente pero con evidentes signos de euforia. Cando estaban a piques de administrarlle medicación para tranquilizarse perdeu o sentido ata chegar ao hospital onde o recuperou berrando “Chúpate esa, Ferrín”. Tras estar en observación esa noite foi dado de alta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.