Apartan a unha muller que ía a saír nunha foto cos tres alcaldes
Actualidade

Apartan a unha muller que ía a saír nunha foto cos tres alcaldes

A muller que camiñaba polas rúas de Compostela non daba crédito ao sucedido. Compostela, 19h, o triunvirato de alcaldes mareantes de Compostela, A Coruña e Ferrol, pasean pola capital acompañados de medios de comunicación mentres comentan a actualidade política en torno a EnMarea. Nese instante, nun descoido dos xefes de gabinete dos alcaldes, Xoana Ruibal, que … Seguir lendo

O Consello das Mareas decidirá este domingo se decide decidir algo
Política

O Consello das Mareas decidirá este domingo se decide decidir algo

Entre os puntos da orde do día estarán modificar a orde do día para decidir se se decide unha nova orde do día diferente da xa decidida. EnMarea segue dando pasos para constituírse nun partido político que se asente no territorio galego, máis non parece estar sendo doado desde o seu esencialismo participativo, preferentemente esgrimido … Seguir lendo

Feijóo sóbese o soldo porque “agora ten que soportar a máis perroflautas”
Política

Feijóo sóbese o soldo porque “agora ten que soportar a máis perroflautas”

Miguel Tellado, voceiro do PPdeG explicou á prensa á subida de soldo de Feijóo e os seus conselleiros. A subida de soldo dos membros do goberno da Xunta de Galiza, ten segundo o voceiro do PP de Galicia, unha explicación razoábel e cuantificábel. A entrada no Parlamento de Galiza de máis “perroflautas” dos que ate … Seguir lendo

Ángela Rodríguez, de Podemos Galicia, denunciada por SPam
Actualidade

Ángela Rodríguez, de Podemos Galicia, denunciada por SPam

A reprensentante de Podemos Galicia, e deputada nas Cortes españolas por EnMarea, Ángela Rodríguez,  foi denunciada por SPam segundo advirten diversos medios de comunicación. A plataforma ‘Bots Políticos Non’ levou a cabo unha análise informática, segundo o cal, se chega a conclusión de que Ángela Rodríguez é en si mesma SPam, tal como indica a súa propia … Seguir lendo

EnMarea decidirá en asemblea que canción esnaquizará nesta campaña electoral
Política

EnMarea decidirá en asemblea que canción esnaquizará nesta campaña electoral

A coalición xa ten en mente varias propostas que serán debatidas nunha asemblea aberta. A expectación ante que as deputadas de EnMarea esnaquicen de novo un tema musical está que ferve nos últimos días. Desde fontes próximas á coalición galega aseguran que as deputadas están a ensaiar varias horas ao día para mellorar o fiasco … Seguir lendo

EnMarea consternada pola decisión de CxG de presentarse por separado
Política

EnMarea consternada pola decisión de CxG de presentarse por separado

‘So nos faltaría que Cerna tampouco quixera vir con nós’ aseguran desde En Marea. A decisión tomada pola Convención Nacional de Compromiso por Galicia colleu por sorpresa á coalición formada por Anova, Esquerda Unida e Podemos, e apoiada por algunhas das candidaturas municipais do pasado maio. Compromiso decidía por un porcentaxe do 71% constituírse como … Seguir lendo

A OMS alerta de que o vídeo de EnMarea pode provocar cancro
Ciencia

A OMS alerta de que o vídeo de EnMarea pode provocar cancro

“Vai subir a mareaaaa” e segundo a OMS vaiche traer cancro. Expertos da Organización Mundial da Saúde (OMS) afirmaron hoxe que escoitar a canción de campaña de EnMarea podería causar cancro de colon, ollos e oído, mentres que explican que tamén existen investigacións que determinan que tarareala pola rúa podería supor un grave risco de … Seguir lendo