Albert Rivera desfruta da fariña en Galicia

Albert Rivera visitou a localidade ourensá de Xinzo de Limia para participar no domingo fareleiro. Un ano máis comezou o entroido na provincia de Ourense e o fixo, como todos os anos, co tradicional domingo fareleiro. A localidade, acostumada a recibir visitantes ilustres nestas datas recibiu, este ano, a Albert Rivera. Segundo transcendeu a viaxe foille recomendada polo…

A febre publicadora de videos de Íñigo Errejón fai que colgue un cagando

No seu peculiar frenesí publicador o líder de Podemos colga nas redes sociais un vídeo del cagando mentres fala de Ciudadanos. Segundo parece Errejón publicou o video sen querer despois de trabucarse co video correcto. Estaba a ensaiar o descurso sobre ciudadanos mentres facía as súas deposicións diarias. Os seus seguidores trataron o video como…

GaliciaBilingüe denuncia ao PP por impoñer o galego

A Plataforma da viguesa Gloria Lago levará aos tribunais ao Partido de Feijóo por usar o galego en actos públicos. A raíz da moción lingüistica-antisecesionista presentada por Ciudadanos no Concello de “El Ferrol”, e na que todos os grupos municipais, menos os de Albert Rivera optaron por rexeitar, GaliciaBilingüe sae a defensa dos dereitos lingüisticos…

Ciudadanos pide que o Klingon deixe de ser idioma oficial de Star Trek

A asociación Star Trek Bilingüe apoia a iniciativa. A organización de Albert Rivera presentou hoxe unha nova iniciativa no Concello de Ferrol para que o idioma Klingon pase a estar proscrito na serie de ciencia ficción Star Trek. ‘Estamos hasta los cojones de tantas lenguas. Queremos que todo el mundo hable en español’, indicaron nunha…

Ciudadanos concorrerá en Mercadona baixo a marca Hacendado

A formación de Albert Rivera asume o seu papel de marca branca na circunscripción dos supermercados. O partido laranza, o cal todas as enquisas sitúan como terceira forza política no espectro estatal vén de comunicar a súa intención de participar baixo a marca Hacendado en todos os supermercados do grupo valenciano Mercadona. Deste xeito a…

Netflix ofertará todas as tempadas de ‘Pratos Combinados’

A compañía norteamericana aposta forte no seu estreno e incluirá na súa oferta de ficción as catorce tempadas de ‘Pratos Combinados’. Moitos afeccionados ao cine e as series televisivas agardaban con ansia a chegada de Netflix e a compañía non quixo defraudar e apostou na súa aterraxe con ofrecer algo que ningunha outra plataforma televisiva…

Martínez “el Facha” ficha por Ciudadanos

Volve á primeira liña, cargado do seu máis pronunciado fervor patriótico. Despois da súa despedida no pasado mes de marzo despois de catro décadas de traballo en prol do fascismo e buscar mellor vida en Venezuela, Martínez “el Facha” volve con máis forza que nunca á primeira liña, e organízase politicamente nun dos que está a…

Ciudadanos proporá en Galiza que todo siga como está

A formación de Albert Rivera preséntase en Galiza cun programa de continuidade. Ciudadanos, o partido político emerxente que parece ser o único capaz de facerlle fronte a Podemos no estado español, inicia a súa aventura galega co aval do exalcalde da Coruña Paco Vázquez. O partido de Rivera fixo así un chamamento “a cidadanía española residente…