EnMarea consternada pola decisión de CxG de presentarse por separado

‘So nos faltaría que Cerna tampouco quixera vir con nós’ aseguran desde En Marea. A decisión tomada pola Convención Nacional de Compromiso por Galicia colleu por sorpresa á coalición formada por Anova, Esquerda Unida e Podemos, e apoiada por algunhas das candidaturas municipais do pasado maio. Compromiso decidía por un porcentaxe do 71% constituírse como…

O ministro Soria asegura que non é ministro

Despois de ser collido en varias mentiras acerca do aparecido nos #PanamáPapers o ministro asegura non pertencer ao executivo. Varias son as mentiras que a raíz do escándalo dos Papeis de Panamá lle foron cazadas a José Manuel Soria, desde que el nunca tivera accións da empresa offshore UK Lines Limited, ata que ninguén da…

Feijóo dará todo o orzamento de 2016 aos medios de comunicación afíns.

Funcionarios e persoal laboral serán traspasados a La Voz de Galicia e Faro de Vigo respectivamente ante o aumento de traballo por mor das eleccións galegas. O parlamento galego acaba de dar luz verde ao ingreso de todos os fondos previstos para 2016 a medios de comunicación afíns ao Partido Popular. Xornais como LaRegión, Faro de…

Expulsan a Beiras de por vida do Parlamento

O PP considera que a expulsión podería alargarse no tempo un máximo de 7 ou 8 anos. O presidente do Parlament galego, Miguel Santalices, decidicu expulsar ao veterán político nacionalista despois de que este lle deixara catro cousas claras ao voceiro do grupo parlamentar do Partido Popular Miguel Tellado. Beiras, que exaltado se dirixiu a Tellado, petou…

Tone Gómez-Reino pásase ao porno gay

O novo bigote do deputado de EnMarea demostra o xa estendido rumor. Antón Gómez-Reino, ou Tone polo seu nome artístico, un dos novos deputados de EnMarea nas Cortes españolas, acabaría de dar o salto ao porno gay, segundo afirman fontes cercanas. Tal como puidemos ver na pasada fin de semana durante os actos de coronación da…

Rubén Cela únese ao movemento dos ‘gordibuenos’

O edil compostelán Rubén Cela, que sorprendeu a todo o pleno municipal co seu xersei “Hotline Bling” de Drake (insertar foto) anunciou que Martiño Noriega “pase de mi culo como de la mierda”. Nese mesmo pleno fíxose eco da súa nova condición de “G.O.R.D.I.B.U.E.N.O”, unha nova tribu urbana que, en palabras do edil correspóndese con…

Ana Pontón: “Encántame que os plans saian ben”

A nova voceira nacional do BNG satisfeita co decorrer da súa Asemblea Nacional. O BNG deu resposta as voces que pedían renovación e confluencia despois dos resultados das pasadas eleccións xerais, cunha asemblea nacional tranquila que rematou segundo o esperado. Ana Pontón, nova voceira nacional, declarou aos medios de comunicación estar satisfeita co resultado da…

Descúbrese que Pedro Sánchez e Albert Rivera teñen moitas aspiracións

Despois do acordo asinado entre Ciudadanos e o PSOE, os líderes de ambos partidos declararon as súas aspiracións. Durante a  rolda de prensa acontecida ao fío do acordo de goberno asinado por Albert Rivera e Pedro Sánchez, estes deron as explicacións oportunas das características do texto asinado. Lendo entre liñas deste podemos afirmar tanto as…

Declaran a Rajoy “Persona muy rata” en Pontevedra

O presidente do goberno en funcións é nomeado “persona muy rata” na súa cidade natal. Na mañá de onte o pleno do Concello de Pontevedra, reunido no Teatro Principal, acordaba cos votos de BNG, PSOE e Marea de Pontevedra, nomear a Mariano Rajoy “persoa moi rata”. Os recentes feitos, polos cales un goberno en funcións, con…

Atopan un podemita que fala galego

Investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) utilizaron o potencial dos ordenadores do centro para desvelar se existía algún membro de Podemos que falase galego. A idea de que non había ningún militante de Podemos que falase galego espertou a curiosidade dun grupo de científicos que se puxeron a indagar. Contaron do seu lado co…