O PP considera que a expulsión podería alargarse no tempo un máximo de 7 ou 8 anos.
O presidente do Parlament galego, Miguel Santalices, decidicu expulsar ao veterán político nacionalista despois de que este lle deixara catro cousas claras ao voceiro do grupo parlamentar do Partido Popular Miguel Tellado.
Beiras, que exaltado se dirixiu a Tellado, petou en varias ocasión na súa mesa, o que chamou a atención de todos os medios de comunicación alí congregados.
O presidente do Parlamento aplicou o regulamento da cámara e no propiom momento expulsou a Beiras, e explicou que a este lle sería suspendida a súa condición de deputado, así como o seu soldo de por vida.
Desde o Partido Popular consideran escaso dito castigo, posto que segundo os seus cálculos este non se alargará no tempo moito máis de 7 ou 8, menos incluso se sigue fumando como un carreteiro.
Desde AGE aseguran que o castigo non está xustificado a menos que Beiras petase na propia cara de algún deputado do PP cousa que nunca sucedeu polo de agora.