Ciencia

O Concello de Avión estuda asumir o fuso horario mexicano


A escalada de cambio de fuso horario podería levar a que Vigo adopte o fuso horario de Portugal e A Coruña o de Turquía.

Novo fuso horario do Concello de Avión

O debate que se xera cada vez que se produce o cambio de hora de verán é aproveitado para introducir o debate do cambio de fuso horario.

Tense falado amplamente de que o noso país ten unha desviación de máis de tres horas con respecto á hora solar e se producen cantidade de debates que reclaman á volta ao fuso horario que realmente nos correspondería.

Festa en Avión a prol da adopción do fuso mexicano

Estes debates foron aproveitados polo alcalde de Avión para propoñer que o seu concello pase a adoptar o fuso horario mexicano. “Creemos que a Carlos Slim le va a gustar”, declaran fontes próximas ao consistorio que deste xeito tratará de abrir novas vías comerciais con México e incluso optar a algunha deslocalización dese país unha vez que o horario xa non van supoñer un problema.

Reaccións

O anuncio do Concello de Avión non deixou impasibles a outros concellos colindantes. Así, o rexedor de Beade xa anunciou que manterá o fuso horario franquista “custe o que custe” mentres que o Concello de Beariz está a estudar sumarse á proposta dos seus veciños de Avión. “Nosotros tenemos más mejicanos que ellos y también adoptaremos el huso horario de México”, declararon.

A polémica do cambio de fuso tamén chegou ás grandes cidades galegas. Deste xeito Abel Caballero xa anunciou que están a estudar a implantación do fuso horario portugués o que provocou a reacción case inmediata de Xulio Ferreiro que anunciou a creación dun observatorio cidadán para a implantación do fuso horario turco.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.