O insecto electrónico resolverá, por fin, a dicotomía do sexo oral entre veganos.
Un grupo de científicos ven de comunicar en rolda de prensa que acaban de obter a primeira abella artificial capaz de polinizar veganos. Segundo explicaron, o novo insecto levaría o polen do o estambre dun macho vegano ao pistilo da femia a vegana con éxito.

Abella dunha escena de porno duro vegano
O novo invento resolve, de vez, unha das polémicas que envolvía o veganismo dende o seu inicio: o sexo oral entre dous individuos veganos. As correntes máis ortodoxas impiden que se probe a carne e existía a fonda polémica de se o sexo oral podía ser considerado como chupar carne e non estaba ben visto dentro da ortodoxia vegana cando non directamente prohibido. Agora, co invento da abella artificial, xa non o fai necesario ao deixar obsoleto o sexo. “Ya no es necesario que toquemos la carne de otro ser humano para procrear y podemos dejar atrás las bárbaras costumbres carnívoras como el sexo”, indicaron voceiros da Igrexa do Veganismo dos Últimos Días. “El sexo oral era un instrumento de los carnívoros para incitar el consumo de carne”, engadiron.
Aaaaaaaai, cataplasmas! E non serán mellor poñer “femias veganas”? Eso das “hembras”….
Corrixido 😨