Un grupo de investigación de Malmö en Suecia ven de comunicar que atoparon os ubres da soia o que permitiría reutilizar os grans en lugar de moelos ou fermentalos para a elaboración do leite.
O descubrimento deste grupo de biólogos botánicos pode revolucionar o mundo do veganismo e pode facelo por dúas canles.
A primeira porque permitiría ter granxas caseiras de soia e que as familias muxan as súas soias regularmente para obter leite. Os investigadores están a traballar xunto co Massachusetts Institute of Technology (MIT) para deseñar muxidoras diminutas para os grans de soia xa que as mans non se prestan a uns tetos tan pequenos.
A segunda consecuencia que podería ter o descubrimento podería facer sacudir os alicerces do veganismo. Un vexetal con ubres convertiríao na primeira planta mamífera, algo propio de animais, o que derivaría en que os veganos máis estrictos deixaran de consumir o produto.
O sorprendente descubrimento podería non ser o único xa que a mesma equipa científica está a examinar améndoas na busca de ubres similares ás da soia.