Médicos e científicos veñen de anunciar o sorprendente descubrimento do nacemento do primeiro vegano con dous bandullos.
Segundo anunciaron en rolda de prensa esta nova especie de rumiante humano ten a mesma capacidade que as vacas procesando a comida entre os dous bandullos e ten a capacidade de regurxitala para poder proceder a un novo masticado polo que, segundo explicaron, “ten a capacidade de rumiar”.
Expertos en evolución tamén se amosaron entusiasmados por esta mutación que supera todos os procesos de evolución coñecidos. “É a primeira vez que un especimen adápatase tan rápido ao seu entorno”.
Pola súa banda, membros do creacionismo xa indicaron que isto reforza as súas teorías de que o mundo ten 4000 anos e denunciaron que non se trata de ningún tipo de evolución senón que a arca de Noé xa levaba unha parella de veganos con dous estómagos para que non se extinguiran.
A empresa Biona xa anunciou que colaborará coa familia mediante a doación de todo o pienso que precise durante os seus dous primeiros anos de vida.