Atopan un galego na auga líquida de Marte: “Está boísima, metédevos”

Descobren auga líquida en Marte e a un galego bañándose nela dicindo: “Está boísima, metédevos” Foi o pasado día da Nación Galega cando un grupo de científicos italianos anunciaron o achado dun lago subterráneo de auga salgada baixo unha capa de xeo no polo sur do planeta vermello. A maior das sorpresas chegou cando observaron…

Un estudo xenético revela que os vigueses son todos de Ourense

Científicos da USC en colaboración con universidades británicas conclúen que os habitantes de Vigo presentan os mesmos patróns xenéticos que os de Ourense Tamén atoparon nalgúns indivíduos patróns procedentes de Portugal Un grupo de investigación acaba de presentar un estudo que fala dos patróns de diferenciación xenética e as pegadas das migracións nos que a…

Unha discusión sobre física cuántica sáldase con 30 detidos nun bar da Laracha

A noticia do falecemento de Stephen Hawking provocou unha pelexa masiva nun bar da Laracha entre partidarios e detractores das súas teorías. Todo comezou cando un cliente dunha coñecida cafetería da Laracha comentou en voz alta o falecemento do físico británico. Momento no que outro cliente replicou que non concordaba “coa teoría da radiación Hawking…

Investigadores escanadinavos atopan os tetos polas que a soia dá o leite

Un grupo de investigación de Malmö en Suecia ven de comunicar que atoparon os ubres da soia o que permitiría reutilizar os grans en lugar de moelos ou fermentalos para a elaboración do leite. O descubrimento deste grupo de biólogos botánicos pode revolucionar o mundo do veganismo e pode facelo por dúas canles. A primeira…

Nace o primeiro vegano con dous bandullos

Médicos e científicos veñen de anunciar o sorprendente descubrimento do nacemento do primeiro vegano con dous bandullos. Segundo anunciaron en rolda de prensa esta nova especie de rumiante humano ten a mesma capacidade que as vacas procesando a comida entre os dous bandullos e ten a capacidade de regurxitala para poder proceder a un novo…

Catalunya inventa a independencia de Schrödinger

Está nun estado cuántico de independencia e non independencia á vez. Científicos do CERN en Suíza acaban de demostrar empíricamente o estado cuántico de Catalunya que lle permite ser independente e, á vez, ser non indepedente. Os estudos levados a cabo polos físicos tamén deron como resultado o descubrimento dunha nova partícula subatómica: O Bosson…

Un estudo explica porque os deputados do PP aplauden cando Rajoy di estupideces

Científicos do CSIC dan coa resposta ao porqué do aplauso dos deputados do PP cando Rajoy constrúe frases sen sentido. Despois de diversos estudos teóricos, estudos en campo, observacións do hábitat dos parlamentarios e varios miles de gráficos, ecuacións e estadísticas; un grupo de científicos do CSIC acaban de dar coa resposta que explica que…

Centos de galegos suplen a caída de Whatsapp con sexo desaforado

Un estudo da Uvigo conclúe que caídas no funcionamento da aplicación de mensaxería WhatsApp incrementa x100 a práctica de sexo entre as persoas galegas. A pasada semana sucedía por enésima ve a caída dos servidores da coñecida app de mensaxería WhatsApp, co trauma e os hashtags que isto supón para as usuarias e usuarios da…

Inventan unha abella artifical capaz de polinizar veganos

O insecto electrónico resolverá, por fin, a dicotomía do sexo oral entre veganos. Un grupo de científicos ven de comunicar en rolda de prensa que acaban de obter a primeira abella artificial capaz de polinizar veganos. Segundo explicaron, o novo insecto levaría o polen do o estambre dun macho vegano ao pistilo da femia a vegana con…

O Concello de Avión estuda asumir o fuso horario mexicano

A escalada de cambio de fuso horario podería levar a que Vigo adopte o fuso horario de Portugal e A Coruña o de Turquía. O debate que se xera cada vez que se produce o cambio de hora de verán é aproveitado para introducir o debate do cambio de fuso horario. Tense falado amplamente de que o…