Varios colectivos da cidade de Cartaxena xa anunciaron o seu interese en depender administrativamente de Nova Murcia A Asemblea Nacional Catalana, Òmnium Cultural xunto coas entidades que compoñen o Govern vanlle propoñer ao Parlament catalán o cambio de denominación de Catalunya para que pase a ser chamada Nova Murcia. “En Murcia levan semanas saíndo ás…
Categoría: Actualidade
El Rey esixe que lle traian dragóns e inmaculados
‘Dracarys, Dracarys’, dixo nun discurso televisado nos sete reinos. Segundo informa La Voz de Invernalia, Felipe VI, fixo chamar á Man do Rei para que lle conseguira ‘unos inmaculados y unos dragones de eses’. ‘Sé que los legítimos herederos tienen esas cosas y yo lo soy por la gracia de dios. Así que donde coño…
As novas porras da Policía Nacional levarán inscrita a palabra Democracia
Gran parte destas porras terá como destino Cataluña. Así o ben de confirmar o ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido. A porra, que pesará 50g menos que as actuais, comezará a ser repartida a partir da próxima promoción de policías nacionais. Do mesmo xeito tamén serán entregadas aos corpos de seguridade que actúen en manifestacións…
Detido un independentista catalán que pretendía que 1000 persoas pasaran a mellor vida
A Garda Civil ven de deter un independentista catalán que portaba no seu corpo un cinturón de papeletas e unha mochila con cartaces anunciando o referendo do 1 de outubro. Segundo acaba de informar un voceiro do Ministerio do Interior o independentista formaba parte dunha célula conformada polo oitenta por cento dos habitantes do territorio…
Aborígenes enajenados pretenden secesionar el sitio en el que cultivamos los eucaliptos
Se manifestarán en Santiago de Compostela este 25 de julio para reivindicar la secesión del territorio que despoblamos para cultivar eucaliptos. Oriundos del territorio noroeste de España reclaman como propio el territorio en el que viven obviando que viven allí de prestado entre los eucaliptos que proporcional el papel higiénico con el que nos limpiamos…
Milleiros de persoas festexan a volta de Cristo no Resurrection Fest
A vila de Viveiro acolle nesta fin de semana unha das maiores concentracións católicas de europa. Un ano máis Viveiro convírtese no epicentro do catolicismo en Galiza e Europa, na súa XII edición, o ResurrectionFest proclama a boa nova da volta de Cristo entre nós. Aínda que afastada das tradicionais datas de Semana Santa, onde…
Gallaecia Biliguis critica que a mocidade de Lucus non saiba un latín correcto
Todo comezou cando un grupo de mozos fixo unha pintada na muralla de Lugo para protestar pola ocupación romana. Segundo informou a garda do centurión romano, un grupo de mozos celtas militantes da formación nacionalista Nova Gallaecia foron detidos despois de que fixeran unha pintada na muralla de Lucus Augusti. A patrulla policial observou que…
Abanca merca a cidade da Coruña, que pasará a chamarse La Abanca
Coa transacción a entidade adquire tamén as palabras neno, já e chuqueles. Abanca, a entidade financeira noutrora galega vén de mercar os p do nome da Coruña nunha transacción que se levaba a cabo a última hora ds tarde de onte. Despois do acordo acadado para cambiar de nome o estadio de Riazor, agora Abanca…
Morren 3 mozos a causa dun Spinner desbocado
O fidget spinner saiu disparado das mans dun deles e impactou consecutivamente nas cabezas dos tres mozos. Tarde tráxica a acontecida no día de onte na vila de Muros, onde 3 rapaces de entre 21 e 23 anos morrían a consecuencia do impacto dun fidget spinner que saiu desbocado das mans dun deles cando tentaban…
Unha marea atlántica obrigará a desaloxar Riazor na noite de San Xoán
Ao grito de “Medre o mar! Hai Marea” o alcalde fará subir as augas e inundará Riazor ás tres da mañá. O grupo do Partido Popular no Concello da Coruña acaba de emitir un comunicado no que indica que a Marea Atlántica trata de cargarse o San Xoán. Segundo explican Xulio Ferreiro contratou unha marea…
O Sáhara en alerta laranxa por unha vaga de vento de Ourense
Os campamentos de Smara en Tinduf poderían ser evacuados ao non estar preparados para semellantes temperaturas. O Goberno da RASD(República Árabe Saharaui Democrática) vén de emitir un comunicado no que aconsellan a población non saír das súas tendas, ou en caso inevitable facelo extremando as precaucións. A vaga de calor procedente de aire ourensán incidirá…
Lanzan un Burmar-Flax de raxo en zorza
En Vigo xa existe un boicot ao produto primeiro porque o sabor é tipicamente coruñés e segundo porque non se utiliza o nome ‘frigolosina’ en lugar de Flax. A empresa Burmar Sweet ven de anunciar o lanzamento dun novo sabor nos seus coñecidos flases de sabores. Este verán poderemos atopar en tendas, kioskos e supermercados,…
