Un home de O Grove atopou o seu coche no aparcadoiro da praia de A Lanzada 6 meses de que esquecera onde o aparcara. As autoridades do Salnés atoparon onte o coche no mesmo aparcadoiro cando por casualidade pasaban pola zona. O coche que permanecía inmóbil no mesmo lugar que en xuño deste ano fora…
Categoría: Actualidade
O #bLKfriday recorrerá as tascas do país este venres
Os locais galegos intentan instaurar esta nova tradición a base de licor café e festa. As tascas, tabernas, bares e demais lanzan a nova campaña que pretende revolucionar o venres posterior á festividade americana de Acción de Grazas. O bLKfriday nace da man do BlackFriday pero cun obxectivo claro, Galiza ten que ter a súa…
Abel Caballero comeza a construcción da Estrela da Morte
Sen previo aviso, a impoñente estructura comeza a tomar forma na cidade de Vigo. Desde hai tempo é sabido a intención do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de construír un imperio ao redor da súa emblemática figura, e unha vez máis este da outro novo paso cara conquerilo. Desta volta trátase nin máis menos que…
As rotondas de Vigo non conseguen que sexa a cidade máis fea de España
A cidade de Vigo alcanzou o segundo posto no ranking de cidades máis feas do estado español soamente por detrás de Parla. Os esforzos do alcalde de Vigo poñendo dinosetos, televisións de plasma e barcos nas rotondas non surtiron o efecto desexado e víronse adiantados por Parla nesta estraña competición. Abel Caballero xa anunciou que…
As redes sociais da rapaza violada serán cruciais á hora de ditar sentenza
Valorárase especialmente se os emojis máis empregados son caras sorrintes ou tristes. O mediático caso de violación múltiple no que participaron cinco homes no pasado San Fermín pon no punto de mira a actuación do xuíz. Varios colectivos de homes moi homes agrúpanse para solicitar unha sentenza exemplarizante contra a denunciante. Na súa opinión as…
A contabilidade B do PP podería protagonizar a terceira tempada de Stranger Things
Os protagonistas buscaría quen é verdadeiramente o tal M. Rajoy. A rapazada de Stranger Things parece que xa ten outro novo suceso entre mans, cando menos, sobre o papel, xa que segundo apuntan fontes de Netflix, Mike, Eleven e o resto poderían aventurarse en descubrir quen é o estraño M. Rajoy e os porques e…
A Xunta redeseñará o seu cartaz contra a violencia de xénero incluíndo a Godzilla
A Xunta de Galicia zanxará a polémica polo cartaz do día internacional contra a violencia de xénero incluíndo a Godzilla no cartaz. As críticas da oposición de cosificación das mulleres e críticas sobre o paternalismo da campaña ideada pola Xunta de Galicia colleron a contrapé ao Partido Popular. Tanto os colectivos feministas, asociacións e os…
Varios feridos de consideración polo estourido de castañas durante o magosto
Sete persoas seguen hospitalizadas a día de hoxe. Fin de semana negra nos montes galegos, e fundamentalmente nos ourensáns. Durante o trascurso do sábado e domingo foron preto dunha ducia as persoas que acudiron a centros médicos de urxencia ante as lesións producidas polo estourido de castañas mentres estas se facían ao lume. Segundo apuntan…
Aplícanlle o artigo 155 a un xuíz por querer ser independente
“Aquí no se independiza ni cristo bendito”, indican dende o Ministerio de Xustiza. As pretensións dun xuíz de ser independente veñen de rematar bruscamente ao serlle aplicado o artigo 155 da Constitución. O xuíz que, segundo a fiscalía, estaba adoutrinado sobre a imparcialidade e a independencia xudicial rematou o seu periblo na xudicatura e será…
Baltar ficha a Cristiano Ronaldo como porteiro da Deputación de Ourense
O futbolista ocupará o posto de porteiro no edificio Simeón de Ourense. Manuel Baltar anunciou onte nas súas redes sociais a fichaxe do ano, nada máis e nada menos que a contratación por parte da Deputación Provincial de Ourense do futbolista Cristiano Ronaldo. A fichaxe, da que aínda non trascendeu a cuantía, será para cubrir…
Milleiras de galegas piden que o Goberno aplique o art. 155 en Galiza
As manifestacións ocuparon o centro de todas as cidades e vilas galegas. Máis de 20mil persoas saíron ás rúas do país para protestar contra a xestión incendiaria da Xunta de Galiza e pedir que o Goberno do Estado aplique o artigo 155 da Constitución Española na nosa terra. As galegas e galegos queimados polos incendios…
A cabra da Lexión lanza gritos fascistas durante o desfile das Forzas Armadas
A cabra berra contra Catalunya e a favor de que o exército toma as rendas do conflito catalán. Un ano máis a cabra da Lexión é a protagonista do desfile militar deste 12 de Outubro, máis desta volta por ser ela a protagonista dos gritos fascistas escoitados durante o paso dos seu destacamento polas rúas…
