Os protagonistas buscaría quen é verdadeiramente o tal M. Rajoy.
A rapazada de Stranger Things parece que xa ten outro novo suceso entre mans, cando menos, sobre o papel, xa que segundo apuntan fontes de Netflix, Mike, Eleven e o resto poderían aventurarse en descubrir quen é o estraño M. Rajoy e os porques e comos da contabilidade b do Partido Popular.
A terceira tempada, que se espera para comezos de 2019 podería comezar coa aparición de Will Byers nos papeis de Bárcenas, ante isto Mike, Eleven, Dustyn, Lucas e Max tentaran chegar ata o fondo do asunto e tentar derrotar así ao Demogorgon, que tal e como descubren nos mencionados papeis responde ás inicias M. R. B.
Nesta aventura contaran tamén coa axuda do resto do elenco das anteriores tempadas, pero aínda é cedo para saber se haberá novas incorporacións.