O PSOE contento pola vitoria de Alemaña

O novo líder do PSOE Pedro Sánchez mostrábase ledo pola vitoria de Alemaña na final do Mundial de Brasil 2014 “Alemaña siempre fue para nosotros un ejemplo a seguir, y de quien recibir útiles consejos, como un padre para nosotros, por eso no podemos hacer otra cosa que felicitarles por su importante victoria”. Pola outra banda…

O Leo e Arremecághona pásase ao electrolatino

O cantautor punk galego da por finalizado un ciclo e anuncia que se pasa ao electrolatino Nun xiro que ninguén esperaba o cantautor de Matamá, Leo e Arremecaghona, da un xiro de 180 graos na súa carreira e anuncia que vai abrazar as teses musicais de Juan Magán. Segundo anunciou o artista pecha unha etapa e…

Incautan un alixo de calcomanías con droga no Morrazo

A banda traballaba nas zonas do Morrazo e o Salnés e prentedía extenderse por todo o país co comezo do próximo curso escolar. Na mañá de onte a policía española, despois dun chivatazo anónimo, apresaban nun baixo da cidade a un grupo de catro persoas, que presuntamente empaquetaban e preparaban os fardos coas calcomanías preparadas…

Albaneis heavys adhírense ao convenio do metal

Así vén de confirmalo CIG Metal. A dous albaneis heavys de Carnota seráselle aplicado a partires de hoxe o convenio do metal debido a “fondas cuestións de arraigo interior”. A noticia saía onte á luz debido ao despido improcedente dun deles e a posterior denuncia por parte da central sindical galega. “A súas fondas conviccións…

A RAG proporá a Manuel Fraga para o Día das Letras Galegas do 2016

Despois de nominar para o 2015 a Filgueira Valverde a Real Academia Galega reforza a súa aposta polo franquismo A pasada semana saltou a polémica nas redes e na prensa despois da elección do polígrafo pontevedrés Filgueira Valverde. Foron moitas as asociación e colectivos que protestaron pola elección dunha persoa que tiña vínculos evidentes co franquismo…

Anova plantexa unha manifestación unitaria o 25 Xullo que remate na Catedral

A dirección nacional de Anova presentaba esta mañá nun céntrico hotel de Compostela o seu plan de traballo para preparar un 25 de Xullo unitario. O obxectivo pasaría por ser capaces de unir tanto a partidos políticos, como movementos sociais, plataformas e aos propios peregrinos e crentes que celebran o patrón galego, o Apóstolo Santiago. A…

Miley Cyrus ficha pola Panorama

A orquestra galega acadou un acordo coa cantante estadounidense para a súa xira veraniega deste ano 2014 A orquestra Panorama acaba de romper o mercado de verán e anunciou a fichaxe da ex-estrela de Disney e, na actualidade, polémica cantante Miley Cyrus e anunciaron que sairán de xira conxuntamente este verán. A cantante americana integrarase…

Paco Vázquez propón que ABANCA pase a chamarse LABANCA

Así o anunciaba a pasada noite nunha coñecida tertulia televisiva. O exalcalde da Coruña, defendía en riguroso directo “o dereito a falar e que á xente lle falen como Dios manda”, repetindo así o que foi para el unha loita histórica na cidade herculina, que todo o mundo lle chamara polo seu nome orixinal, La Coruña….

A nova equipación do Deportivo, bandeira galega e estrela

Novos tempos corren polo Deportivo da Coruña, coa marcha de Lendoiro, un soplo de ar fresco corre polos despachos de Riazor. Tal como se anunciou meses atrás, a nova equipación do Deportivo da Coruña, para a tempada 2014-2015, contará cunha bandeira galega. Tratarase da segunda vestimenta, máis a novidade fundamental atópase na inclusión dunha estrela…

Atopan unha SICAV no colchón dun eurodiputado

As sorpresas non paran de chegar dende Bruxelas onde hoxe mesmo acaba de trascender que un deputado tiña unha Sicav no colchón do seu dormitorio. O deputado, do que aínda non transcendeu o nome, aclarou a través dun voceiro que “En Luxemburgo no se llaman Sicav, no porque la traducción de la Sicav allí se llame…