Economía

Inditex subcontratará servizos a países que a súa vez subcontraten os servizos


A empresa de Amancio Ortega pretende así expandir os seus dominios a nivel mundial de maneira definitiva.

Central de Inditex en La Coru

Central de Inditex en La Coru

No día de onte en rolda de prensa, o actual Presidente de Inditex, Pablo Isla, confirmaba os seus plans de dominación mundial, mediante unha nova técnica de subcontratación masiva.

A idea parte da base de que o grupo Inditex podería subcontratar os seus servizos de Recursos Humanos e textiles a Tailandia, que a súa vez podería subcontratar servizos a China, que en terceiro plano podería facer o mesmo noutros países ou rexións de Asia, como India ou Best Korea.

A fundamentación deste novo modelo de mercado global basearíase na precarización dos servizos externos de Inditex debido aos baixos salarios dos diferentes países asiáticos, polo que Inditex vería rebaixado os seus custes de xeito sustamcial. Grazas a isto as filiais do grupo galego como Zara, Pull&Bear, Berskha, Oysho, Massimo Dutti ou Stradivarius verían tamén abaratados costes, podendo así subir os seus prezos e conseguir maiores marxes de beneficios.inditex

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.