Empate perfecto na terceira e última votación da Asemblea Nacional convocada pola CUP, e na que se decidía se se apoiaba ou non unha investidura de Artur Mas como presidente da Generalitat.

David Fernández con outros zarrapastrosos ríndose de como trollean a Mas.
A votación na que se decidía o futuro de Artur Mas como president,empatou a 1.515 votos na terceira e definitiva votación da asemblea da CUP, o que levou á formación anticapitalista a darse unha prórroga até o 2 de xaneiro.
Fontes próximas á CUP apuntan a culpabilidade dun zarrapastroso militante, que segundo o seu propio twitter non puido ir á terceira votación por culpa dunha cea familiar. Este feito pon en xaque tanto á nació catalana como á súa propia economía, pendentes agora da decisión dos anticapitalistas ate a próxima semana.
Desde a Confederación de Empresarios Cataláns esperan que todo se solucione o antes posíbel e reafírmanse na idea de que comer é algo secundario, á vista está o sucedido na tarde-noite de onte.
A crispación víase reflectida á saída da asemblea onde diferentes grupos esquerdistas aseguraban que “isto con Stalin non pasaba”.
Dos catro escenarios que se plantexaban na Asemblea da CUP, tan só 2 chegaron á terceira votación na que o empate a 1.515 votos afi que a decisión final fique no aire. Desde o CatSalut aseguran que as reservas de Trankimazin está a ser vixiadas nas farmacias próximas a vivenda de Artur Mas, sendo polo de agora normais os índices de consumo.