Ao peche desta edición, Rajoy aínda non o tería atopado.

Aznar mandando a Rajoy ao rincón de pensar, antes de que Mariano se extraviara.
O expresidente do goberno, José María Aznar, chegou forte a Génova na pasada tarde. Pasadas as 17h horas o presidente das FAES entraba na sede madrileña do PP para acudir ao Comité Executivo Nacional do PP porque, segundo el mesmo, “porque yo lo valgo”.
Aznar que tería entrado despeitolado e sen camiseta, acapararía todos os focos cando, xa vestido e diante de centos de fotógrafos que facían garda na sede desde o coñecemento dos resultados electorais, enviou ao presidente “en funcións” do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, ao rincón de pensar.
Rajoy, segundo apuntan os nosos corresponsais na capital do reino, tería agachado as orellas e cun escueto “Sí mi señor” tería ido a buscar o rincón, ao que o ciclado expresidente se refería.
Mentres Rajoy seguiu na súa incesante búsqueda tivo lugar o comité executivo, no cal Aznar levou en todo momento a voz cantante. Neste, tras acordarse das familias dos alí presentes, criticou duramente tanto o resultado como a propia campaña do PP, facendo fincapé nos “jisters e moteros” que para o expresidente representaban a decandencia do seu partido. “Nosotros que eramos gente de bien, que nos codeábamos con la jetset, que pasabamos días en el rancho del presidente de los EEUU George Bush, nosotros ahora pedimos el voto a esa panda de moteros y jipsters…” comentou Aznar mentres facía series de abdominais isométricos.
Ao peche desta edición de TemposGalegos, Mariano Rajoy seguía buscando o rincón de pensar, e desde o Partido Popular piden aos medios de comunicación que indiquen que se alguén o ve por favor o envíen de volta, non fai falta explicarlle o que significa o “rincón de pensar” xa que non o ía a entender.