Sociedade

The Walking Dead terá un novo Spin-off: Galicia Zombilingüe


A canle estadounidense AMC anunciou unha nova serie derivada de The Walking Dead e estará localizada en Galiza.

galicia zombilingüe

Manifestación de Queremos Galego na Praza do Obradoiro. Nótese a cara de reintegrata que ten o ghicho.

Segundo se puido saber na tarde de onte a nova serie chamarase Galicia Zombilingüe e nos sumerxirá de novo nunha distopía apocalíptica provocada por un grupo de reintegratas que manipulaba plutonio para atentar contra un caixeiro de Abanca e que morre debido á radiación  e se transforman en zombis e irán mordendo aos “españoles de bien” inacuándolles o virus do galeguismo.

A xente mordida irá medrando e, así, irá medrando o grupo de zombies galegos esencialistas que ameazarán a plácida comunidade española en Galicia xa que os principais efectos de converterse en zombie son emitir sonidos inintelixibeis en galego, ir todos xuntos manifestándose por algo e substituír o ‘ñ’ por ‘nh’.

Os protagonistas serán un grupo de emprendedores do Círculo de Empresarios de Vigo que tratarán de sobrevivir ante a plaga de galeguismo que os rodea. Armados con escopetas de caza e bolsos de Louis Vuitton irán abríndose paso e sobrevivindo mentres se preparan para a chegada de centos de miles de zombies provintes do sur de Galiza onde o virus do reintegracionismo pegou forte.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.