Nace Alberto II, futuro presidente da Xunta

Agárdase que cumpra coa tradición popular de herdar os cargos institucionais do seu proxenitor. O fillo de Alberto Núñez Feijoo naceu onte nunha clínica privada da Coruña a pesar de que o presidente da Xunta dixera en campaña que “el mejor sitio para parir era un hospital público”. “Nosotros no hacemos distinción entre público y…

O TOP 10 dos máis regalados neste #SanValentín2017

Desde TemposGalegos recollemos en primicia mundial os 10 regalos máis agasallados en Galiza neste 2017 durante o día dos namorados. 1. Alpacadora O agasallo máis regalado neste pasado San Valentín, as alpacadoras, concretamente as da marca John Deere, foron o regalo estrela desta temporada. E é que non hai parella que se queira que non pensase…

Avecrem lanza unha liña especial para gintonics

Conterá todas as merdas que os hipsters lle botan á xenebra. A empresa Gallina Blanca acaba de anunciar que lanzará unha nova gama de Avecrem destinada a amantes da xenebra. Segundo anunciaron nun comunicado consistirá nunha pastilla similar á que se lle bota á sopa pero destinada aos gintonics. A pastilla levará xenebreiro, herba limón,…

O novo Dinoseto será fabricado con céspede do Bernabeu

“E vaino pagar Florentino”, asegurou Abel Caballero. O novo Dinoseto, que a finais de 2017 será instalado no barrio do Calvario, na cidade de Vigo, será fabricado con 100% herba do Santiago Bernabeu. Así o expuxeron en rolda de prensa membros da empresa de xardinería subcontratada polo Concello e que se encarga do mantemento de…

Ticketmaster venderá entradas e palomitas para Vistalegre II

“Ya que vamos a dar el espectáculo por lo menos sacar beneficio”, declarou Pablo Echenique O grupo de traballo que está a organizar a asemblea de Podemos acaba de anunciar un acordo con TicketMaster, unha empresa de venta de entradas de eventos de todo tipo. Nada máis darse a coñecer a noticia a empresa xa…

A Coruña pasará a chamarse Vigo de Arriba para que non se lien en Madrid

As continuas confusións de medios de comunicación estatais na localización das cidades galegas leva a tomar a decisión de emerxencia de bautizar a cidade da Coruña como “Vigo de Arriba”. O cambio de nome farase mediante un decreto da Xunta de Galicia nos próximos días e xa está a xerar protestas nas redes sociais a pesar…

A nova cuberta de Balaídos será de Adamantium para non disgustar ao Real Madrid

Na súa construcción faleceron  polo de agora 10 Lobetos. A reparación da cuberta de Balaídos esgazada pola cicloxénese explosiva da semana pasada segue camiño da súa completa substitución. A uralita, que o vento fixo saltar polos aires, está a ser remprazada por un equipo especializado de X-Men, enviados desde Carral polo profesor Xabier. A nova superficia…

Netflix roda a terceira tempada de Narcos no domingo fareleiro

Netflix aproveita a celebración do domingo fareleiro para rodar escenas da nova tempada de Narcos. Segundo puido saber o noso medio a nova tempada arrincará coa conexión do cartel de Cali cos narcotraficantes galegos e fará moito máis fincapé na trama da entrada de droga en Europa despois de que a NSA dificultara a entrada de…

O PSOE ficha a Errejón no mercado de inverno

O deputado de Podemos Íñigo Errejón converteuse na noite do martes no segundo reforzo do PSOE tras superar a revisión médica. A formación morada acadou un acordo para o seu traspaso por preto de 2,8 millóns de euros, un pouco máis do que investiu por el durante o seu perdiodo como liberado dentro da organización. A duración…

Galipizza lanza a pizza de percebes

A Percepizza será a novidade da cadea galega para este 2017. “Extra! Extra! Galipizza saca unha pizza afrodisìaca, a percepizza”. Así se anuncia a última novidade da cadea de restauración galega, unha das que máis proxección ten nos últimos anos. Pero a cousa non queda aí se a pizza de percebes da resultado, a pizza de…